Categoría: Novas

Debate a TV

Juan Medela Voceiro do Sindicato Inquilinas Vigo Tui BM

Ahí ven O MAIO

Este mes de maio vén cargado de loita sindical e en defensa dos nosos servizos públicos. Vemos a mobilización das traballadoras e usuarias da Sanidade e da Educación que marchan á folga para defender o noso patrimonio común. Por iso, debemos mostrar todo o noso apoio e solidarizarnos activamente coa súa loita.

O desmantelamento e a privatización dos nosos servizos públicos non é casual. Forma parte dun plan medido da Comunidad de Madrid no que se deteriora o público para segregarnos e imposibilitarnos construír unha alternativa a este sistema, facilitando o negocio a todo un armazón de fondos e grandes empresas que mercadean cos nosos dereitos. Mentres a nosa sanidade e a nosa educación atópanse en proceso de descomposición e de privatización, a vivenda é o exemplo de cara a onde nos queren levar. A metade das inquilinas e inquilinos somos pobres por ter que pagar máis da metade do noso soldo a un rentista que non achega nada á sociedade. 

As consecuencias sufrímolas en nosas propias carnes. Baixo un sistema que prioriza os nosos dereitos como mercadorías, os únicos beneficiados son os empresarios e políticos que se enriquecen facendo negocio coa nosa saúde, a nosa educación e os nosos fogares.  Aínda con todo, seguimos xogando cunha vantaxe: somos moitas máis quen quero construír unha sociedade xusta e libre na que a vivenda, a sanidade e a educación estean garantidas universalmente e fóra do mercado. Estamos convencidas de que chegou a hora de unirnos nunha fronte común que defenda as nosas vidas contra o capital. Somos moitas e temos todo por gañar. 
 

SUBIDAS ABUSIVAS DEL IPC. Ganamos juntas

Desde el 1 de enero de 2024 todos los propietarios están obligados a actualizar anualmente el contrato de alquiler con un máximo del 3% si lo exige el inquilino. Este límite se aplica en virtud de la nueva ley de vivienda. Desde el 31 de marzo de 2022 al 1 de enero de 2024 fue de un 2%

Las trampas que intentan colarnos.

Con la normativa vigente la actualización de los contratos se hace por el Índice de Garantía de la Competitividad (IGC) en lugar de hacerse por el IPC que todas conocemos. Muchos propietarios están intentando saltarse esta ley diciendo que el IGC actualmente se sitúa en un 5,42% pero saben que es FALSO. El IGC es un índice que, por su definición, se encuentra limitado en negativo al 0% y en positivo al 2%. Esta información podemos encontrarla en el Anexo de la Ley 2/2015.

No dejes que te engañen, afíliate al sindicato.

Para un alquiler de 1.000€, con la subida ilegal no estarían cobrando 34€ más al mes, lo que supone un incremento de más de 400€ en solo un año. No vamos a aceptar que se sigan haciendo ricos a nuestra costa.

Si tu casero te ha hecho una subida mayor o te la van a hacer no lo permitas. Desde el Sindicato de inquilinas hemos conseguido frenar esas subidas y recuperar el dinero de quienes les habían obligado antes de conocer al Sindicato. Cuando intentamos negociar individualmente consiguen engañarnos pero con el Sindicato no pueden.

Radiografía do mercado inmobiliario galego: doce pisos turísticos por cada un dispoñíbel para alugar

Nós Diario

Menos pisos para alugar que nunca e máis vivendas de uso turístico que nunca. Unha com-binación que se está a dar na Galiza e que, entre outras consecuencias, implica un aumento continuado dos prezos de arrendamento. O prezo da vivenda de aluguer na Galiza subiu 10,7% no primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período de 2023.

Na Galiza é máis doado lograr unha vivenda de uso turístico que un piso para poder vivir nel de aluguer. Algo que semellaba impensábel non hai tantos anos agora é unha realidade. Con este escenario de fondo reuníronse esta terza feira en Madrid a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, e a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez.

Fronte a estes datos, o aumento constante e semella que sen fin das VUT, as vivendas que se destinan a uso turístico. As cifras do  rexistro da Xunta da Galiza indican que en abril xa estabamos nas 27.000 vi-vendas para uso turístico. 27.000 fronte a 2,250 que hai no circuíto de comercialización de aluguer. A media é de 12 VUT por cada piso para arrendar con fins residenciais.

Esta desproporción ten diversas consecuencias, unha delas, e de efecto inmediato, é a espiral de aumento dos prezos de aluguer. O prezo da vivenda de aluguer na Galiza subiu 10,7% no primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período de 2023.

….

https://www.nosdiario.gal/articulo/social/galiza-12-pisos-turisticos-cada-1-disponibel-alugar/20240509075047197290.html

Por un Dereito á Vivenda Digna e Xusta

Non son suicidios, son asasinatos

No corazón de Vigo, un tráxico suceso lémbranos a crúa realidade que enfrontan inquilinos e inquilinas cada día: a loita desesperada por un teito digno, un lugar onde acubillar os seus soños e esperanzas. Non podemos seguir ignorando o sufrimento daqueles que ven ameazado o seu fogar, a súa seguridade e a súa dignidade. Non son suicidios, son asasinatos. É hora de erguer a nosa voz e esixir un cambio.

O recente intento de suicidio dun inquilino en Vigo tras recibir unha orde de desafiuzamento é só a punta do iceberg dunha crise de vivenda que afecta a milleiros de persoas na nosa cidade e en todo o país. Detrás de cada desafiuzamento, detrás de cada cifra estatística, hai rostros, historias e soños truncados por un sistema que prioriza o lucro sobre o benestar humano. Non podemos permitir que estas traxedias se repitan unha e outra vez. É urxente actuar.

Enfrontámonos a unha realidade alarmante: desafiuzamentos diarios, familias enteiras en risco de perder os seus fogares e alugueiros inalcanzables. É hora de poñer fin ao rentismo desenfreado, á especulación inmobiliaria que converte os fogares en simples activos financeiros. É hora de regular os prezos do alugueiro, de garantir que todas as persoas teñan acceso a unha vivenda digna e estable.

É hora de actuar, de unirnos e loitar por un futuro onde o dereito á vivenda sexa unha realidade para todos e todas. Non son suicidios, son asasinatos. É hora de deter esta inxustiza dunha vez por todas.

Sindicato de Inquilinas.

Vigo, 2 de maio de 2024.