Aviso importante

A páxina e o correo anteriores do Sindicato de Inquilinas están actualmente sen continuidade nin atención, debido a cambios na organización e nas formas de funcionamento. Co paso do tempo fóronse abrindo diferenzas na concepción do proxecto e na maneira de entender o traballo pola vivenda, polo que as persoas que agora levan a entidade utilizan outras canles distintas ás que moita xente coñecía.

Se precisades asesoramento ou contacto co actual Sindicato, recomendámosvos buscar nas súas redes sociais —especialmente en Instagram— onde están a centralizar a información e a nova dirección de correo.

Para situacións urxentes en Vigo, tamén podedes contactar con Os Ninguéns, hoxe un dos referentes na loita polo dereito á vivenda na cidade.

Grazas pola comprensión e, sobre todo, moito ánimo a todas as persoas que estades atravesando momentos difíciles relacionados coa vivenda.

Un abrazo a todas

AT