Que propón exactamente a ILP?
1. Dación en pago con efectos retroactivos
Chámase dación en pago ao feito de entregar a vivenda á entidade financeira coa que se ten a hipoteca a cambio de quedar libre de toda débeda.
2. Paralización dos desafiuzamento
Sempre que se trate da vivenda habitual e a falta de pagamento do préstamo hipotecario sexa debido a motivos alleos á propia
3. Aluguer Social
O executado terá dereito a seguir residindo na vivenda pagando un aluguer non superior ao 30% dos seus ingresos mensuais por un período de 5 anos.
Onte venres en Príncipe recollemos 18 pregos unhas 360 firmas _ tendo en conta que algúns pregos non levan 20 firmas por algún erro ao cubrir.
O día 6 faremos un día enteiro de recollida,estamos na recta final para conseguir as 500 mil firmas da ILP

A ILP, é unha ferramenta que permite á sociedade civil propor leis ou o cambio de leis, neste caso ante o Congreso dos Deputados.
A Comisión Promotora da ILP debe obter a autorización da Mesa do Congreso e desde entón disponse de pouco máis de 6 meses para recoller un mínimo de 500.000 firmas.
Unha vez logrado o obxectivo e entregadas todas as firmas,a ILP
en menos de 6 meses a proposición de lei da ILP debe ser incluída na orde do día do Congreso dos Deputados.