O 31 de outubro remata o prazo para meter no Congreso unha das principais propostas políticas xurdidas tras a irrupción do movemento 15 M: a Iniciativa Lexislativa Popular para que a normativa española inclúa a dación en pagamento retroactiva, o aluguer social e unha moratoria dos desafiuzamentos por non pagamento de hipotecas. 500.000 firmas poden facer que o Congreso chegue a discutir esta iniciativa-estrela polo dereito á vivenda.
A menos dun mes de que finalice o prazo, a PAH chamou a facer un esforzo extra, que se concretará este fin de semana en mesas de recollida de firmas despregadas en 25 puntos distribuídos por todo o territorio. Os datos solicitados pola Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) mostran que xa hai 409.000 firmas entregadas á Xunta Electoral Central (JEC), pero Adrià Alemany, membro da PAHde Barcelona, precisa a DIAGONAL que a cifra é maior en realidade porque «algunhas PAH reportaron firmas tan só ata o 31 de xullo». Ás 269.234 de todas as plataformas de afectados hai que sumar 120.000 reportadas ata o 31 de xullo por CC OO Catalunya e 20.000 das entidades veciñais e ONG. UGT Catalunya, que tamén participa na campaña, non informou aínda.
Non obstante, os activistas non queren baixar a garda. «Creo que chegaremos ás 700.000, pero non hai que confiarse.
Hoxe os membros da PAH VigoMos-Tui-BaixoMiño estan a recoller firmas diante do Corte Ingles