13O Tod@s contra os recortes :Non debemos non pagamos

13O Tod@s contra os recortes :Non debemos non pagamos

1 Sabes que significa débeda odiosa ou ilexítima?

 

É aquela parte da débeda externa dun estado, contraída, creada e utilizada para beneficio persoal e privado que non ten por que ser pagada pola cidadanía xa que os prestamistas terían actuado de mala fe, ás costas dos seus cidadáns, sen o seu consentimento e con fins de enriquecemento persoal, enriquecemento corporativo, etc. En todo caso, tales débedas poderían considerarse persoais debendo responder os que as contraesen a título persoal e non o Estado no seu conxunto e polo tanto os cidadáns.

2. E a nosa débeda? É ilexítima ou lexítima?

Como podemos observar o 81% da débeda é privada e só o 19 é pública. E quérennolo facer pagar todo a nós, os cidadáns. Privatizaron as ganancias e queren socializar as pérdidas…Sólo o 19% pódese considerar débeda pública auténtica ou lexítima. É certo que a economía española ten un problema de sobreendebedamento mais non xerouno o estado senón o sector privado, principalmente a banca e as grandes empresas non financeiras.

Ao querer que todo sexa pagado polos cidadáns e o estado, esta débeda privada convértese nunha débeda pública. As maneiras en que a débeda privada se transforma en débeda pública foron anti-democráticas, como por exemplo a reforma do artigo 135 da Constitución de agosto de 2011 no que o pagamento de débeda se coloca como prioritario sobre calquera outro pagamento e/ou gasto que deba facerse e por enriba do gasto social. A prioridade absoluta que nos queren impoñer só responde ao ditado dos especuladores financeiros: primeiro a Banca e, se sobra algo, para o pobo. Outra medida antidemocrática foi o rescate da UE á banca de xullo de 2012. Ningunha destas medidas foi consultada á cidadanía…e teñen sido impostas por organismos supranacionais como BCE, FMI, CE, etc..

e….si temos que pagar esta débeda e os intereses… de onde sae o diñeiro?

3. Recortes, consecuencias da débeda.

Para lograr os préstamos necesarios para facer fronte a débedas contraídas por empresas privadas ou entidades financeiras e que non quebren, os gobernos deciden pedir préstamos a organismos financeiros como o FMI, o Banco Mundial, e no caso de Europa, o BCE e a CEE. Son inxeccións de capital para a banca condicionadas á aplicación de medidas de austeridade (recortes en sanidade, educación, en case todo o gasto social), privatizacións, aumento do desemprego facilitado por EREs e reformas laborais. Despedimentos de funcionariado público e reformas estruturais (reforma laboral, suba do IVE e outras reformas fiscais…) por parte do Goberno, aplicadas progresivamente segundo un plan deseñado e asinado entre o Goberno Español e a Troika.

As consecuencias deste tipo de medidas para as poboacións son claras, xa as estamos a sufrir e aínda quedan máis por vir. Non é cuestión duns anos, senón un proceso de longo alcance que vai hipotecar o noso futuro e o das xeracións vindeiras.

Resumindo: Esta débeda é ilexítima, xerada dende o sector privado e quérennola facer pagar tod@s facéndoa pública. Como consecuencia, e para pagar esta débeda que non é nosa e os seus intereses, se nos aplican todo tipo de recortes, recortes que non afectan aos que xeraron a crise e a débeda. Recortes (sanidade, educación, I+D, dependencia), reformas, subas de impostos, e demais que nos afogan. Están a socializando as perdas e recortan o pobo, cando este non é responsable da parte maioritaria desta débeda.

4. Construíndo Alternativas

Esiximos realizar unha auditoría cidadá da débeda, que determine a súa lexitimidade ou ilexitimidade. Declarándose o non pagamento daquela parte identificada como ilexítima, por non ter repercutido no o beneficio do conxunto da poboación, e depurando responsabilidades civís e penais daqueles que a xeraron.

– Abolición das medidas de austeridade que se traducen en recortes e privatización dos servizos públicos esenciais para manter o tecido social.

Un bo exemplo sería ISLANDIA.

5. Chamamento á mobilización.

En todas as frontes, nos xulgados, na rúa, na rede, como consumidores, como persoas, estámonos a organizar para dar unha resposta global ante esta estafa manifesta.

Por iso, invitámosvos a participar nos diversos actos que se prepararon para a Semana Internacional da Débeda, e en especial á concentración-manifestación GlobalNoise+Manifestación que terá lugar o Sábado 13 de Outubro ás 19:00 horas en Praza de España. Devolveremos a débeda aos que a xeraron.

 NON DEBEMOS, NON PAGAMOS.

Deja un comentario