532 desafiuzamentos cada día é un xenocidio.

Quizais o actual procedemento de execucións e de lanzamentos sexa legal en España. Pero vulnera dereitos constitucionais como o dereito á vivenda ou á tutela xudicial efectiva, e é ilegal segundo a lexislación de dereitos humanos que o estado español ratificou. Igual que se fixo noutros momentos da historia, desobedezamos leis inxustas para defender a xustiza. Non só as persoas afectadas que resisten aos seus propios deshaucios; que todo o mundo, alí onde estea, pregúntese que pode facer para frear esta masacre. E en especial facemos un chamado aos xuíces, a funcionarios de xulgados, secretarios xudiciais, procuradores, avogados, policías? para que recorden que o seu deber é defender as liberdades, os dereitos e a xustiza de toda a poboación, e non dunha minoria de corruptos, que acumulan privilexios e riquezas á conta de empobrecer á maioría. Desobedecede vós e vós tamén. Nin unha débeda ilexítima máis. Nin un desafiuzamento máis. Nin unha vivenda baleira máis.

Si se pode: pódese lograr unha sociedade máis xusta e democrática. Está nas nosas mans. SE SE PODE!!!

Deja un comentario