A PAH de Vigo-Mos-Tui precisa urxentemente axuda especializada e non especializada. Na última semana, e debido á atención mediática que os desafiuzamentos teñen acaparado, chegáronnos multitude de casos novos que non somos quen de atender por falta de mans. En concreto precisamos axuda de avogados e psicólogos que desinteresadamente presten os servizos que poidan aos afectados, que en moitos casos non só padecen situacións de indefensión legal senon tamén depresións ou ansiedade. Na PAH facemos o traballo o mellor posible pero non temos a cualificación suficiente para abordar certos casos que se nos escapan, de aí este chamamento. Calquera outra axuda non especializada de persoas normais e correntes que desexen colaborar para paliar este drama será benvida e agradecida.
XUNTOS PODEMOS!!!
Buenas!! no soy Psicologa, pero podría ofrecer Reiki como terapia, tengo el segundo nivel. Si están interesados pueden escribirme a mi mail. Suerte a todos y abrazos
Me gustaMe gusta
Hola Carla, muchas gracias por tu ofrecimiento. Se lo expondremos a los afectados por si alguno desea una terapia alternativa como el Reiki.
Un saludo!
Me gustaMe gusta
Faremolo Grazas
Me gustaMe gusta