Un cidadán de Vigo consegue que Ibercaja lle conceda a dación en pago logo de iniciar unha folga de fame acampado fronte á sucursal da entidade na rúa Urzaiz.
Chámase Ricardo Barcia, ten 50 anos, é de Vigo e bastáronlle dez horas acampado perante a oficina que Ibercaja ten na rúa Urzaiz de Vigo para conseguir o que miles de cidadáns atrapados polas hipotecas anhelan e os bancos e caixas lles negan: a dación en pago.
Ricardo Barcia formalizara unha hipoteca de 90.000 euros para comprar un piso de unha habitación en Salceda de Caselas (Pontevedra). No ano 2008, este camioneiro quedou no paro e afogado pola súa precaria situación, tivo que deixar de pagar a hipoteca en xullo pasado tras esgotar as prestacións por desemprego e logo de recorrer a créditos doutras entidades financeiras e ás axudas de familiares para tentar solucionar a súa situación. Até ese momento amortizara case 40.000 euros.
Afogado pola precariedade e polas presións da entidade financeira, este luns, 19 de novembro, Barcia decidiu, como moitos afectados polas hipotecas por todo o Estado, acampar fronte a sede da entidade e iniciar unha folga de fame, apoiado en todo momento por membros da plataforma Stop Desahucios.
Tras varios tiras e afrouxas co director da sucursal, e ante a presenza de numeros reporteiros de varios medios que acudiron ao lugar, finalmente Ibercaja decidiu ofrecer a Barcia a solución que están agardando todos os afectados polas hipotecas no Estado: a dación en pago. Un acordo plasmado nun documento que asinaron dous apoderados da entidade perante un notario.
pues soy psicóloga y si necesitáisayuda mandadme correo ahora estoy de baja y tengo tiempo saludos y mucho ánimo para seguir adelante
Me gustaMe gusta
Hola Ana
Nos pondremos en contacto contigo en breve.
Muchas gracias por tu solidaridad.
Un abrazo
Carlota
Me gustaMe gusta
Hola Ana, muchas gracias por tu ayuda. La respuesta por parte de las psicólogas ha sido abrumadora y por ahora nos vamos sirviendo, pero nos quedamos con tu contacto por si hay un aumento de casos que precisan terapia.
Gracias por tu solidaridad, un saludo!
Me gustaMe gusta