16F Polo dereito a vivenda

Polo dereito á vivenda. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsables e esiximos dación en pagamento retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa!

Hoxe continuamos camiñando para defender e esixir o dereito á vivenda, un dereito fundamental sistematicamente vulnerado no noso país. As Plataformas de Afectados pola Hipoteca denunciamos a situación dramática á que se condena a vivir miles de familias que non poden pagar a hipoteca ou o aluguer, que se ven desafiuzadas ou ameazadas de desafiuzamento, vítimas dunha estafa hipotecaria, da vulneración extrema do dereito á vivenda por parte das entidades financeiras, avaladas polos gobernos correspondentes.

420.000 execucións hipotecarias no Estado os últimos seis anos e 220.000 desafiuzamentos son sinxelamente intolerables.

Fronte aos abusos das entidades financeiras -responsables da crise actual-e a complicidade do goberno, que lles dá cobertura cunha lei inxusta coa que toda a resposabilidad recae sobre a parte máis vulnerable, ao mesmo tempo que ese mesmo goberno destina miles de millóns de euros en axudas públicas á banca sen ningún tipo de contraprestación, as PAHs e a cidadanía mobilizada defendemos o dereito á vivenda, e puxemos enriba da mesa as solucións para rematar con esta estafa. Porque non ten sentido que os bancos acumulen miles de pisos baleiros mentres miles de familias quedan na rúa.

O 16 F saímos ás rúas polo dereito á vivenda, porque o xenocidio financeiro ten os días contados. Porque os dereitos humanos non se negocian

Si se Pode!

20130213-163552.jpg

Deja un comentario