Dende hai catro anos, as Plataformas de Afectados pola Hipoteca traballan pola conquista do dereito á vivenda. A día de hoxe, existen 133 PAHs en todo o Estado.
O encontro estatal centrarase na avaliación da situación actual: a ILP hipotecaria, que conta co aval de máis de 1.400.000 firmas se está a debater no Congreso. O Partido Popular anunciou que se formula rexeitar algunhas das medidas incluídas na ILP. As demandas da ILP son demanadas de mínimos, necesarias para paliar a sangría dos desafiuzamentos. Unha sangría que se podería ter evitado, se os gobernos tivesen reaccionado a tempo escoitando as demandas da cidadanía. As propostas incluídas na ILP están avaladas pola recente sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o cal declarou ilegal a lei española de desafiuzamentos. Coa ILP está en xogo non só a tutela e garantía dos dereitos humanos, senón tamén a democracia, xa que as medidas propostas pola PAH contan co apoio do 90% da poboación.
