O ANUNCIO DO ESCRACHE ANTE O BANCO CONSIGUE QUE O POPULAR ACEPTE NEGOCIAR TODOS OS CASOS.
A nova chegaba a última hora deste mércores, cando o Banco Popular chamou á PAH de Vigo-Tui para comunicarlle que cedía á presión e aceptaba negociar todos e cada un dos casos que eles teñen. Así, coa presión cidadá que masivamente manifestara a súa presenza no escrache do venres, a cidadanía cantaba unha nova vitoria ante o abuso das hipotecas.
A PAH, que confirma a alegría das familias afectadas, cambia así o seu obxectivo, que pasa a ser outro banco reticente e pouco colaborador ata o de agora: o Santander, tamén no cruce dos catro bancos de Colón. Preténdese así que a presión volva dar efecto e as familias afectadas dese banco tamén poidan respirar aliviadas.
A PAH convoca así a acudir ao escrache fronte a Santander, mantendo a hora inicial (11hs) e cambiando o punto de encontro á porta do propio Santander.
