Toca celebrar unha Asemblea que coma sempre será aberta a todos os cidadáns que queiran acudir e escoitarnos. Somos un colectivo horizontal apartidista, que non está atado a afiliacións políticas, sen estruturas ríxidas e formalismos, e que sempre permite que todos poidan expresarse, tanto cidadáns particulares como organizacións.
Non somos unha plataforma cerrada aos afectados senón un amplo movemento social que pretende reverter a inxustiza en materia de vivenda (unha de moitas) que se está a cometer no noso país. Estamos convencidos de que o xeito de cambiar as cousas é implicar á cidadanía, e o problema dos desafiuzamentos é un drama que a toda a sociedade afecta. Por iso axudamos aos que están nesa situación e loitamos para que ninguén se vexa nela.
Nesta Asemblea repasaremos territorialmente a situación, definiremos as liñas de actuación da PAH (imos presentar unha campaña de sensibilización e propoñer novas ideas que darán moito que falar). Remataremos como é habitual atendendo aos afectados caso por caso de xeito individual.
Se queres amosar o teu apoio á PAH, ven. Se queres coñecernos ou tes curiosidade por ver como somos e pensamos, ven. Se eres afectado, ven. Todos sodes ben recibidos porque xuntos #SiPodemos!!!
