Mes: junio 2013

ASEMBLEA da PAH:Sábado 8 (centro Cívico de Teis )

Os principais responsables da crise atópanse nos consellos de administración das entidades financeiras.

 Ademais, centenares de miles de vivendas están sendo acumuladas polas entidades financeiras o que supón un delito consistente en acaparar un ben de primeira necesidade.

Ante este recorte de dereitos e de liberdades facemos unha chamada ao conxunto da sociedade civil a poñerse en marcha contra estáfaa hipotecaria e a impunidade financeira. A loita continua. Non imos permanecer parade@s.

Seguimos adiante, Subimos as apostas, polo dereito á vivenda para tod@s, contra a impunidade financeira e contra estafa  hipotecaria.

¡¡Si se pode!!

            ASEMBLEA DA PAH : CASO A CASO; XUNTOS  PODEMOS    Civico de teis 

           Sábado 8 as 5 pm no Centro Cívico de Téis

Vigo uniuse ás manifestacións internacionais contra o austericidio da Troika.

Ás 12 e cuarto de mañán unha morea de cidadáns tomou a Praza de España para berrar contra as medidas impostas pola troika (Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea) que o goberno inútil do PP cumpre ao pé da letra pese a que supoñen un austericidio que leva ao país e aos seus cidadáns á máis absoluta pobreza. España cede soberanía a cambio de miseria e sufrimento cun contrato liberal que nin a dereita nin o centro esquerda institucionais cuestionan.

20130601-154415.jpg

A PAH sumouse ás mobilizacións europeas convocando incluso a de Vigo, que xunto con Zaragoza inauguraba de mañán as protestas europeas. Membros da PAH, da CNT, de Galiza Nova,BNG  e outras organizacións ateigaban a Praza de España, punto de partida. Entre gritos contra o Goberno, as medidas da troika, a favor dos afectados e contra a clase política xorda e incapaz a manifestación chegou á sede de IberCaja, onde o comPAHñeiro Ricardo facía uves de vitoria coas súas mans, pois gañou a súa loita contra esta entidade cunha folga de fame e o apoio total e absoluto da PAH, entre aplausos dos asistentes. Outro xesto simbólico e espontáneo tivo lugar no cruce de Colón (o dos catro bancos), onde membros da PAH colléronse das mans para rodear o cruce e gritar que aí estaban os culpables desta estafa e da súa odisea: a banca criminal.

A manifestación chegou á Porta do Sol case ás 13:30, onde se leu un manifesto que rexeitaba o austericidio liberal e antidemocrático da troika, levado a cabo coa complicidade dun goberno inútil e dunha oposición incapaz e entre gritos que pedían unha folga xeral e máis loita cidadá.

20130601-154403.jpg Por Dani G.Reigosa (Militante da PAH )