Capital do SAREB e débeda pública

Desde que o Estado español asinase o rescate bancario coa Troika europea un dos requisitos deste memorandum era o de crear un ?banco malo?, é dicir, unha entidade que comprase a prezos abultados unha fracción dos pisos da banca para intentar cadrar as contas. As millonarias axudas directas con diñeiro público que xa viñan recibindo supoñían aumentar a débeda dos bancos rescatados de forma que era necesario que entrase un capital que non fóra en forma de débeda.

Europa creou un fondo de rescate para España de 100.000 millóns de euros dos cales usáronse aproximadamente a metade. Pero ese diñeiro non vai directamente aos bancos, dado que todo o mundo sabe que nunca poderán devolver a débeda, senón que se prestaba ao Estado a través do FROB, sendo o proceso completo tal e como se explica no seguinte gráfico extraído deste artigo de ElPeriódico

20131009-021222.jpg

Deja un comentario