Mentres a PAH defende o dereito á vivenda das familias, como en Manresa como en Salt, segue habendo actores (a SAREB, os bancos, o Goberno central etc.) que se aferran a un modelo errado, o da burbulla inmobiliaria, que a maioría da poboación rexeita á vista das súas horribles consecuencias sociais (execucions hipotecarias, desafiuzamentos, sufrimento).
O exemplo de Manresa ou a acción de denuncia no salón Meeting Point-Barcelona Meeting Point -poñen de relevo unha vez máis que a PAH está facendo o traballo que non fan as administracións, e que é a presión social e a movilización cidadá a que está dando resposta á vulneración sistemática de dereitos humanos.
O exemplo de Manresa e da OBRA SOCIAL DA PAH mostra como a PAH é quen está obrigando ás entidades bancarias a poñer as súas vivendas a disposición das persoas.
PAH lanza unha mensaxe clara aos inversores internacionais e á SAREB: non imos permitir que se malvenda o patrominio de todos para lucro de poucos, cando o necesitamos para dar resposta á urxencia habitacional. A gravidade da situación non nolo permite. Fronte a unha realidade tan obvia como que hai miles de familias sen vivenda, sen posibilidade de acceder a unha, e millóns de vivendas baleiras, a diatriba é de sentido común.
A PAH continuará defendendo dereitos, recuperando vivendas e devolvéndolles a súa función social. É unha obrigación democrática e urxente. A movilización cidadá consegue o que as administracións, con todos os seus recursos, din que non é posible, pero e falso é só unha cuestión de vontade política.
Porque o certo é que o Estado e o Governo do PP non cumpren coas prerrogativas constitucionais de garantir vivenda ao seu cidadáns e de promover a existencia dun parque publico de vivendas fora do mercado especulativo promovida pola BANCA e o SAREB , (unha situación inadmisible tratándose ademais de vivendas de bancos rescatados con diñeiro público), Por contra a Plataforma de Afectados pola Hipoteca si traballa día a día por garantir este dereito. Porque na PAH sabemos que Si Se Pode.
