Algunhas medidas que en materia lexislativa a PAHs Galegas esixirían ao Goberno da Xunta de Galicia

20131030-232748.jpg

1. A Lei da Vivenda de Galicia ten por obxecto garantir, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e ao amparo do previsto no Estatuto de Autonomía de Galicia e na Constitución Española , o dereito constitucional e estatutario a unha vivenda digna e adecuada, do que son titulares as persoas físicas con veciñanza administrativa na Comunidade Autónoma de Galicia nas condicións establecidas na mesma.

2. Créase o Rexistro de Vivendas Deshabitadas como instrumento básico para o control e seguimento das vivenda co fin de facilitar políticas e actuacións de fomento para promover o uso social das vivendas.

3.. Declárase de interese social a cobertura de necesidade de vivenda das persoas en especiais circunstancias de urxencia social incursas en procedementos de desafiuzamento por execución hipotecaria, a efectos de expropiación forzosa da vivenda obxecto do mesmo por un prazo non menor de cinco anos a contar desde a data do lanzamento acordado polo órgano xurisdiccional competente.O Aluguer Social de contía,no caso de dispor de ingresos , non superior ao 25% dos ingresos da unidade familiar que conviva na mesma.Aluger social na vivenda habitual

Si hai vontade política #SiSePode ..

Deja un comentario