Empobrecemento social
Alcanzáronse máximos históricos de desemprego e de grandes aumentos da desigualdade. Os procesos de empobrecemento e de inseguridade económica dos fogares españois chegaron a un punto de difícil retorno..Los datos sobre a renda por habitante do Instituto Nacional de Estatística – renda nacional dispoñible a prezos de mercado- deixan poucas dúbidas sobre a severidade dos efectos da caída da actividade económica dende o inicio da crise. Os datos máis recentes revelan que as cifras actuais son moi similares ás que existían hai máis de dez anos, o que in- vita a pensar en máis dunha década perdida
Os servizos Sociais da Xunta, a política de Feijoo á fronte da Xunta de Galicia non da lugar a dúbida , está a seguir o mesmo camiño de recortes dos servizos sociais que o Goberno de España.
Na Asemblea da PAH ,trataremos estes temas Porque a emerxencia habitacional esta unida ás necesidades alimentarias, de Saúde, sociais, de electricidade.
A PAH Movemento social
Unha das claves do noso éxito foi persistir, pensar que tiñamos razón, que esa pelexa tiñamos que facela e insistir ata que isto empezou a crecer. A PAH créase cun manifesto moi sinxelo que fala da vulneración do dereito á vivenda e ten uns mínimos que son a gratuidade -ninguén pode cobrar polo que se fai na plataforma-, porque hai demasiado voitre disposto a aproveitarse da desgraza allea e hai chusma que usa a información que se colga nos xulgados para cobrar á xente afectada. Despois, a independencia de calquera partido ou sindicato. E, por último, está o tema asembleario, onde nos organizamos dun xeito descentralizado, por nodos e cun asesoramento colectivo. É dicir, non somos un lugar de asistencialismo, senón de empoderamiento colectivo onde todas nos apoiamos en todas como iguais, algo que é moi importante para diferenciarnos de asociacións de consumidoras, entidades de caridade ou de servizos socias
A mobilización social O motor do cambio
O que non hai que buscar son receitas máxica..E si unha manifestación non serve para derrocar un goberno, entón fracasamos. Pois non.
Os grandes cambios, para que sexan reais e mellores, teñen que ser procesos amplos onde participen o máximo de xente posible. Temos que pensar en procesos onde participemos todos e non deleguemos. Porque delegar, levounos a onde nos levou. Necesitamos urxentemente unha sociedade civil forte e organizada.
Somos máis fortes, a sociedade civil do que nos están a dicir. A proba é a nova lei da mordaza que o PP está a debater. Téñennos medo porque #XuntosPodemos.
