É verdade que o proceso de protesta social (incluído as folgas xerais) non conseguiu avances reivindicativos relevantes, só algunhas vitorias parciais que han ter un gran valor simbólico. É a parte da realidade que pode xerar certa frustración e abandono entre os sectores máis cortoplacistas ou con menor compromiso público. Mais bloque do poder institucional e financeiro é moi forte e é difícil a súa derrota ……..; entre xente indignada, ás veces, aparece o cansazo ou a impotencia.Pero eles e especialmente o Goberno do PP teñen e ten un gran punto débil: a súa escasa legitimidad cidadá,non teñen o apoio social do pobo . O seu reverso positivo é para o movemento popular cuxo apoio social e lexitimidade seguen sendo moi amplos.
A aposta progresista debe ser frear ou impedir a actual deriva regresiva e promover un xiro máis social na política socioeconómica e a democratización do sistema político, cunha maior activación da cidadanía.
O feito social máis significativo, de este periodo, é a consolidación dunha corrente social indignada e unha cidadanía activa. Un novo escenario sociopolítico, con un emerxente campo social autónomo e diferenciado das institucións políticas,que ten a particularidade de que cristaliza fronte á xestión antisocial do goberno do PP.
O factor decisivo para garantir un proceso de cambio social e, tamén, político institucional será a continuidade dun poderoso movemento popular, cun carácter social e democratizador e gran legitimidad cidadá, cunha forte «dignidade» cívica, fronte á indignidad dos poderosos.
Fronte á resignación e o fatalismo seguen vigentes a indignación e a aposta transformadora do ¡si se pode ¡
Conformouse unha cidadanía activa, un movemento social diverso pero cuns perfís comúns: Únese a loita contra os desahucios e polo dereito á vivenda pero tambien únese a iso, a loita contra o empobrecimeinto social que este Goberno do PP estános a lévar
Configúrase un novo campo social crítico fronte aos poderosos e ten implicaciones no ámbito político e electoral. O seu impacto e o seu horizonte apuntan a un cambio social, cultural e institucional máis xusto e democrático Agora é o deber das esquerdas aalternativas e nacionalistas de non perder esta oportunidade
Unamonos ao SiSePuede !!
!!!!!! SACA UNHA TRAJETA VERMELLA Ao PP !!!!


