.
Campaña de realoxos a familas e persoas afectadas polos desafiuzamentos
Os motivos que sustentan a campaña son sinxelos: róubannos as vivendas e condénannos a seguir pagándoas. Déixannos na rúa e sen alternativa habitacional.
Os bancos, incluso os rescatados, seguen coa súa actitude antisocial desahuciando e acumulando un xigantesco parque de vivendas baleiras, vulnerando a función social da vivenda. O Goberno ampárao: nin o detén nin ofrece solucións como, por exemplo, o aluguer social, paralización dos desahucios, dación en pago…
A Obra Social da PAH é unha campaña de ocupacións e de recuperación do dereito á vivenda que responde a un estado xeneralizado de urxencia habitacional xerado de forma artificial e deliberada polos bancos e o goberno.
Fronte a iso, proponse a recuperación de vivendas baleiras de bancos para os desafiuzados e a principal reclamación é o aluguer social para as familias, en función da súa renda. A Obra Social entronca de forma natural coa traxectoria da PAH: defensa da poboación cando se lle amputan os seus dereitos, desobediencia para recuperalos e así forzar solucións.
O desahucio subliña a actitude antisocial das entidades financeiras, que botan á xente da súa vivenda para posteriormente mantela desocupada. O realojo das familias na vivenda da que foi desafiuzada e pola que mantén unha débeda é, polo tanto, unha opción lóxica e natural. Ten sentido impulsala de forma sistemática mentres non se adopten medidas integrales. Permite a reapertura de negociacións co banco unha vez pechado o proceso xudicial contra a familia.
O artigo 33 da Constitución consagra o dereito á propiedade privada, establecendo que se trata dun dereito cuxo contido vén delimitado pola súa «función social», que é básica para a generalización dos dereitos sociais. A Constitución non tutelar, xa que logo, usos« anti-sociais» do dereito de propiedade.
E por outra banda chama poderosamente a atencion o elevado número de vivendas deshabitadas,moitas pertencente á Banca e en particular á SAREB que en non poucos casos proveñen dos desahucios.
As autoridades locais e autonómicas non lograron dar saída real a grave problema dos desahucios en Galicia e á demanda de alternativas habitacionales
COMENZA A OBRA SOCIAL DA PAHVIgoTui

