As PAH/STOP galegas piden no Parlamento medidas urxentes para asegurar o dereito á vivenda

  
Os grupos galegos das PAH e  STOP desafiuzamentos entregaremos este martes no Parlamento unha proposta de moción na que demandamos unha serie de cambios lexislativos -a nivel galego e estatal- e accións políticas para combater as situacións de urxencia habitacional e de pobreza enerxética que sofren milleiros de cidadáns e cidadás.

 

Pidimos a paralización de todos os desafiuzamentos e a creación dun parque público de vivenda a través da mobilización da vivenda baleira, nomeadamente a que é propiedade das entidades bancarias e da SAREB

Entre as propostas, destacan a dación en pago retroactiva, mecanismos de segunda oportunidade, condonación da débeda, liberación de avais e eliminación das cláusulas abusivas. Tamén esiximos garantir o acceso a vivendas de alugueiro «estable e asequible» e modificar a lei para que os contratos de alugueiro sexan «máis estables e seguros». Co obxectivo de mellorar o acceso á vivenda para toda a poboación, solicitamos a paralización de todos os desafiuzamentos e a creación dun parque público de vivenda a través da mobilización da vivenda baleira, nomeadamente a que é propiedade das entidades bancarias e da SAREB. Ademais, esiximos que os subministros básicos estean «garantidos», introducindo mecanismos para evitar cortes de luz, auga e gas .

«Sempre soubemos que rematar coas leis inxustas é unha cuestión de vontade política». «Miramos de fronte ao Parlamento de Galicia e dicímoslle ben alto ‘Eu ‪#‎ExixoAMeuPAHrlamento»‬ que cumpra co seu deber e que defenda ou meu dereito á vivenda digna‘».
   
 

O tempo que interpelamos ao PARLAMENTO GALEGO e aos Grupos Parlamentarios a posicionarse .Reclamamos ao PARLAMENTO e ao Goberno da Xunta do PP cambios LEXISLATIVOS e medidas urxentes para garantir o dereito á vivenda o Aluger Social e estable , e recursos necesarios para afrontar a pobreza enerxética, recollendo así un clamor da cidadanía preocupada pola alarmante situación de urxencia habitacional. Tendo en conta que o Pais Vasco e Catalunya  aprobaron leis garantistas contra a urxencia habitacional, é un feito incontestable que o dereito á vivenda entroú con forza e para quedarse en institucións onde,demasiadas veces e ignorado e maltratado. 

Hoxe son tempos de cambio ,a vella politica á que algúns se aferran termínase .O parlamento e a vida parlametaria viviu de costas á ciudadania son como un mundo enclaustrado Afixéronse a non render contas de nada Proba diso son tres referenduns en mais de 30 anos e as dificultades para realizar unha ILP e diso sabemos un pouco   

Sempre soubemos que rematar coas leis inxustas é unha cuestión de vontade política. 

Por este motivo miramos de fronte ao Parlamento de Galicia e decimoslle ben alto «eu #ExixoAMeuPAHrlamento» que cumpra co seu deber e que defenda ou meu dereito á vivenda digna!! O movemento cidadán que representamos os Grupos STOP 

As STO/PAH xa temos anos de percorrido e gañouse un amplo respaldo social , prestixio e lexitimidade politica.  Por iso permitímosnos dicir  

Onte, hoxe e mañá #EsixoAMeuPAHrlamento que cambie as leis para garantir o dereito á vivenda digna facendo das nosas #Esixencias unha realidade!! 

  

Deja un comentario