Comunicado da PAHVigoTUI : Os Pisos de Rosalia Castro e Vivenda Social.

 Comunicado de Prensa enviado o 09/02/2016 

   

 
A PAHVigoTui ante as declaracións da conselleira de Infraestructuras e Vivenda, E. Vázquez «que  enviou unha carta a alcalde de Vigo, Abel Cabaleiro», na que solicita que o Concello destine as 15 vivendas da súa propiedade no edificio 12-14 de cálea República Arxentina «a alugueres sociais en lugar de proceder á súa venda»

Queremos puntualizar o seguinte:

Primeiro Desde fai tempo que a PAHVIGOTUI vén demandando e no seu   dia a PAH opúxose a que as vivendas de República Arxentina destináranse á venda para recaudar fondos para a cidade da cultura. Xa que esas Vivendas deixaban de de ter a súa función social para converterse en obxectos especulativos .Hai que recordar que eran Vivendas Propiedade do Concello de Vigo 
Segundo foron as Organizacións Sociais e a PAHVigoTui quen primeiro reclamou esas vivendas de Republica Arxentina .Parécenos ben que a Xunta apoie isto ,pero é inadmisible que quen mais poder ten para chegar a acordos importantes e de calado coa SAREB e BANCA ,non dispoña de vivendas na nosa cidade 
Foi a movilización da PAHVigoTui e outras Organizacións sociais quen atopou vivendas para os últimos casos que viviu esta cidade fai poucas semanas como demostramos nos casos que se fixo eco a prensa 
Terceiro Os desafiuzamentos seguen sendo un goteo constante en España e en  Galicia . Así o corrobora o informe estatístico publicado polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), que revela o número de lanzamentos practicados no segundo trimestre de 2015. Entre abril e xuño deste ano, producíronse 18.739 desafiuzamentos ,e aumento imparable dos dos despexos por impago do Aluguer ; o que nos fala por unha banda das terribles consecuencias dunha crise económica e dunhas politicas do Partido Popular que han empobrecido a grandes capas da poboación e, doutra banda  que as «famosas e tan difundidas «axudas da Xunta» apenas chegan , como evidencian os casos que a propia conselleira nomea 
E todo isto no medio dunha situacion onde hai 13.504 vivendas de protección oficial baleiras. Unha situación paradoxal ,e inmoral que fai que o estado español sexa o país de Europa con máis vivendas baleiras, 13.7% do parque total 3 millóns e medio de pisos e cun parque social de vivendas claramente insuficiente menos dun 2% da vivenda existente .Uns 174.000 fogares galegos atópanse en exclusión social. Son ao redor de medio millón de persoas as que no país sufrirían situacións que lle impiden satisfacer necesidades básicas de traballo, vivenda, educación ou acceso á sanidade e, xa que logo, a súa participación plena na sociedade. Supoñen o 18% da poboación

Cuarto Xa abonda que as Administracións tanto Local como da Xunta empreguen a dor das Victimas dos desafiuzamentos e despexos  para as súas pelexas políticas. Xa abonda ! .Esixímoslles ,a PAHVIGOTUI esixe que se cumpra o dereito efectivo á vivenda 

Esixencias minimas : 

1)Paralización inmediata dos desafiuzamentos   

2) Creacion dun parque publico da Vivenda través da movilización de pisos baleiros en mans de entidades financeiras e filiales inmobiliarias, fondos voitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da reestructuración bancarias e entidades inmobiliarias). E medidas de axuda para quen teña unha segunda vivenda póñaa no mercado do Aluguer 

3) Garantir os suministros basicos ,mediante medidas que superen as restriciones que supoñen as medidas de esmola da Xunta de Galicia 

Propostas 


Primeiro.- Manifestar o compromiso de emprender medidas municipais en base á legalidad e competencias existentes e aos efectos que sinala esta moción, co obxectivo de garantir o dereito á vivenda da poboación e facer fronte á urxencia habitacional.


Segundo.- Elaborar e aprobar un Plan Municipal de Vivenda, á vez que se demande cambios lexislativos na formulación existente, que contempla a actual lei LEI 8/2012 e regular debidamente mediante cambios legislativos os art 51,52 e 53 que permitan conseguir o que o Artigo 52 denomina Parque público de vivendas do Instituto Galego da Vivenda e Chan e que con vontade Politica deixe de ser algo sen apenas contido efectivo 


Terceiro.- Elaborar e aprobar Programas de Inspección co fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmuebles que se atopan en situación de permanente desocupación, comezando polos que son propiedade de entidades financeiras e outras grandes empresas. Esta tarefa pódese facer a través do cruzamiento de datos en disposición da administración e o otorgamiento de audiencia ao interesado, ou ben realizando unha inspección física desde a administración




Fdo 


CARLOTA P CONDE 

VOCIERA DÁ PAHVIGOTUI 

Deja un comentario