Asamblea da PAH 21 de MAIO

Asamblea MAio

  1. Asamblea da PAH Vigo
    a /Posta en comun de casos
    b/Accions para casos dificiles
    c/ Logros da PAH Vigo
    d/ Accions a nivel do estado
    e/Os compas da ODS informaran de Axudas ,como acceder a elas ..e campañas informativas

    Non Faltes Teu caso depende de TI ¿Queres solucionalo? Si quedas na casa a vas a perder Sábelo

A escandalosa actitude ditatorial do PP non ten freo e reflectiuse na suspensión de leis autonómicas que deron pasos importantes para acabar coa emerxencia: o Decreto Lei 6/2013 de Andalucía sobre a función social da vivenda, a Lei foral 24/2013 de Navarra de medidas urxentes para garantir o dereito á vivenda, a Lei 3/2015 de vivenda do País Vasco e a Lei 2/2014 Canaria de vivenda. Leis que foron aprobadas democraticamente nos parlamentos de cada autonomía e defendidas por unha masiva maioría social que quería acabar coa tolemia de vivir nun país con máis de 150 desafiuzamentos ao día.

Agora a diana do PP apuntou e disparou contra a Lei 24/2015, que impulsamos desde a rúa mediante unha ILP de Vivenda, aprobada por unanimidade no Parlamento de Cataluña o pasado Xullo e que conta cun apoio social absoluto. Esta ofensiva non é un ataque improvisado. Ten a clara intención de borrar do mapa unha Lei que funciona, que cambiou as cousas, que xa é un referente en dereito á vivenda e que inspirou a outras comunidades autónomas a lexislar no mesmo sentido, como no País Valencià ou as Illas Baleares.

A Lei 24/2015 representa moito máis que o Dereito á Vivenda. É unha demostración incontestable que ante gobernos de quenda, ao ditado das mafias, a cidadanía é quen foi capaz de ser protagonista nas políticas en favor da maioría e dos dereitos fundamentais. Mediante a participación e a mobilización conseguimos facer prevalecer a verdadeira democracia. E con esta convicción, seguiremos mobilizándonos para recuperar todos os dereitos que o PP hoxe trata de arrebatarnos, seguros de que conquistaremos moitos máis.

estamos ás portas dunhas novas eleciones A PAH volverá estar en campaña esixindo aos partdos politicos que fagan efectivo o dereito á Vivenda .
Como primeira medida é devolver as leis Antidesauhucios como a a Lei Catalá e que retire o recurso contra os artigos impugnados ,
en segundo lugar volveremos coas 5 da PAH «Sen as 5 da PAH, Eu non vos voto»

1.- DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA: Poñer fin ás débedas para sempre, a débedas ilexítimas, garantir o dereito para volver a empezar. Rescatemos a persoas, non á banca.

2.- ALUGUER social: O aluguer como unha opción de vida segura, estable e a un prezo alcanzable.

3.- STOP DESAFIUZAMENTOS: Nin unha familia máis na rúa.

4.- VIVENDA SOCIAL: Poñer fin aos pisos baleiros en mans da banca creando un parque público de aluguer. Non se entende que haxa xente sen casas e casas sen xente.

5.- SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS: Non máis cortes de auga, luz e gas.

Deja un comentario