O sabado 1 de Abril Asemblea da PAH na Parroquia do Cristo
-1/–Casos Novos2/ – Novas sobre Paralización e entrega escritos nos Xulgados
3/ Escritos para Concellos
4/ Avance sobre NOVA ILP VIvendaGalega
En Galicia hai centos de miles de vivendas baleiras, pero o parque de vivenda pública é gravemente escaso e os abusos bancarios son demasiado habituais? Cantas veces rescatamos á banca xa ?
Por iso, esta Lei busca:
- Garantir a eficacia do dereito a unha vivenda adecuada do artigo 47 da Constitución;
- Paralizar os desaloxos forzosos sen alternativa habitacional;
- O establecemento dun proceso de acceso á vivenda xeral e de emerxencia;
- O establecemento de medidas para prevención do uso antisocial das vivendas;
- A garantía habitacional para situacións de exclusión residencial en función á renda familiar; e garantir unha renda Básica de Insercion Social que termine co concepto da RISGA como esmola
- A protección ao consumidor en materia de vivenda para evitar condutas abusivas.
Primeiro as Persoas

