Vaia! Xa é 1º de Maio. Parece que foi onte do último…Hai uns días, camiñando por Vigo, ía escoitando unha conversación entre dúas persoas novas:
– Vas ir á manifa do día un?
– Non creo, non paga a pena
– Pois eu creo que si …
– Van arranxar algo?
– Xa estamos! Non voto porque todos son iguais, non vou ás manifas porque non vale para nada…
– É que non vale?
– O outro día protestaches porque estaban a facer horas e non chas pagaban
– Xa
– Pois mira, grazas a xente como ti, acabaremos por traballar pola comida…
En fin, non sei en que acabaría a cousa, porque se meteron nun bar.
Eu vou estar tras unha pancarta o 1º DE MAIO. Porque isto vai a peor. Vexamos:
– Se te mantés nun traballo, estás sempre pendente de cando decidirán substituírte.
– Se es novo, entras con contrato de 4 horas, traballando 8, cobrando coma se fosen 2.
– Se estás no paro, a prestación é unha m….
– Cando te xubiles, a pensión penderá dun fío.
– Terminaches os estudos e só atopas traballo como bolseiro.
Pero segue protestando en casa, ou no bar, ou na oficiña. Coa boca pequena.
Que non tes afinidade con ningún sindicato? Pois faite a túa propia pancarta, e amosas o teu descontento.
Aínda que che propoño algo mellor: colócate tras a pancarta da PAH.
Saímos dende a Praza de Fernando el Católico (fronte bar León), en Urzaiz. As 11 am
Non somos un partido político, nin un sindicato. Loitamos pola xente, sexa cal sexa a súa afinidade.
NON TE QUEDES NA CASA. NON DEIXES QUE GLOBALICEN A POBREZA.
