Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública – A Coruña
“Ante a publicación do ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA, esta Coordinadora manifesta o seguinte:
Rexeitamos taxántemente este anteproxecto que significa un paso atrás no progreso e millora do sistema sanitario público, e avanza na privatización do mesmo.
Este anteproxecto supón a eliminación de 4 áreas sanitarias e a creación de distritos cun claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais comarcais, e onde a atención primaria segue sen ter a importancia que debería no ámbito asistencial.Asimesmo se “garante” definitivamente a participación do sector privado nos ámbito da investigación e a educación con axuda dos orzamentos públicos. Consideramos que os ámbitos da saúde e da sanidade deben quedar afastados da especulación e da persecución de calquera beneficio que non sexa a millora da saúde da cidadanía, e que os progresos das futuras investigación repercutan exclusivamente nas institucións públicas, e en definitiva, en toda a cidadanía.
Condenamos tamén a reorganización da participación dos consellos de saúde, que seguen a ser meros órganos consultivos sen ningún poder executivo, formados polos concellos, sindicatos, organización empresariais e asociación de pacientes, pero quedando fora deles as asociacións veciñais, cidadás e de calquera outro tipo que loiten pola millora do noso sistema sanitario público.
Pero este anteproxecto non é un feito aillado. Ao mesmo tempo que o goberno de Feijoo o promove, nas Comunidades Autónomas de Madrid e Cataluña propoñense similares modificacións dos seus sistemas sanitarias, á vez que no Congreso dos Deputados, e en breves datas no Senado, se adaptará a lexislación española ás normativas europeas 2014/23/UE y 2014/24/UE para garantir e avanzar no proceso privatizador dos sistemas de saúde. Ao mesmo tempo a CEOE lanza a campaña “Pacto por la defensa de la Sanidad Privada” co obxectivo de e entrar por fín a facer negocio coa nosa saúde e cos orzamentos públicos.Como se ve, mentres os medios de comunicación nos entreteñen con mentiras e distraccións, os gobernos da dereita levan a cabo pouco a pouco, ás nosas costas, con nocturnidade e alevosía, o dictamen das multinacionais para converter os sistemas de saúde en beneficios para estas empresas.
Iste é un tema moi grave que trataremos na vindeira xuntanza de todas as mareas brancas do estado, ás que invitamos a tódalas organización de defensa da sanidade pública, para establecer unha estratexia conxunta e evitar a privatización da nosa sanidade pública.
Neste mesmo sentido estaremos atentos en Galicia a que a recien creada axencia A.D.O.S., que se encargará da xestión das doazóns de sangue e órganos, non sexa o xermen estructural para un posible e futuro traspaso á xestión privada.Nos tememos que así será, pero non nos importará recoñecer no seu momento, si non fora asi, que estabamos equivocados. Non queremos que se faga negocio coa nosa sangue e o noso diñeiro.
En defintivia, nos unimos ás críticas do resto dos colectivos que xa se pronunciaron ao respecto, e rexeitamos taxantemente este anteproxecto. Un anteproxceto que avanza na privatización da sanidade pública, polo que facemo sun chamamento á cidadanía a defender unha sanidade 100% pública, universal, de calidade e sen repagos, porque é a única que pode garantir unha atención de calidade e digna para todas e todos.“
Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública - A Coruña
«Ante a publicación do ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SE MODIFICA A LEI 8/2008, DO 10 DE XULLO, DE SAÚDE DE GALICIA, esta Coordinadora manifesta o seguinte:
Rexeitamos taxántemente este anteproxecto que significa un paso atrás no progreso e millora do sistema sanitario público, e avanza na privatización do mesmo.
Este anteproxecto supón a eliminación de 4 áreas sanitarias e a creación de distritos cun claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais comarcais, e onde a atención primaria segue sen ter a importancia que debería no ámbito asistencial.
Asimesmo se “garante” definitivamente a participación do sector privado nos ámbito da investigación e a educación con axuda dos orzamentos públicos. Consideramos que os ámbitos da saúde e da sanidade deben quedar afastados da especulación e da persecución de calquera beneficio que non sexa a millora da saúde da cidadanía, e que os progresos das futuras investigación repercutan exclusivamente…
Ver la entrada original 420 palabras más