POR UN ALUGUER XUSTO e ESTABLE

O prezo para alugar un piso varía dunhas cidades a outras en Galicia con Vigo á cabeza. O mesmo piso de 90 metros cadrados custaría en Vigo 605 euros ao mes, mentres que na Coruña serían 597 euros ao mes e na cidade de Ourense 416 euros, segundo os datos da inmobiliaria Fotocasa.

Vigo é a cidade galega cos prezos medios máis caros de aluguer con 6,73 euros o metro cadrado ao mes. Séguelle A Coruña con 6,63 euros. A cidade galega máis barata é Ferrol, cunha media de 4,27 euros o metro cadrado para arrendar.

En Galicia o prezo da vivenda en aluguer experimentou en maio un ascenso do 0,1% e situouse en 5,51 euros o metro cadrado ao mes, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

Aluguer alcanzable, estable, seguro e digno,

Cuns prezos de aluguer cada vez máis altos e unhas administracións que ata o momento negáronse de regular un mercado fóra de control, é o momento de asumir como noso o obxectivo o defender o dereito á vivenda e un Aluguer alcanzable, estable, seguro e digno.

En Vigo hai moitísimas familias vivindo de Aluguer e moitas sen acceso a unha vivenda digna Vivir de Aluguer ou Hipoteca convertéronse en opcións moi caras As familias gastan mais do 30% dos ingresos en pagar a Vivenda Dar para comer ,pagar A Luz a auga ..todo xera na maioria da poboación nun estado de ansiedade e medo permanente a «aceptar o que sexa» a autoculpabilizarse

Debemos combater esta nova burbulla inmobiliaria que ataca á nosa cidade, baseada no incremento especulativo e abusivo do prezo dos alugueres Mentres o prezo medio dos alugueres en Vigo é de 650 euros, un terzo da poboación cobra menos de 840 euros ao mes e moitísimas familias non poden acceder ao mercado do Aluguer «normal» tendo que acudir a un mercado que non cumpre os principios de conservación, salubridade e accesibilidade.

DIGAMOS BASTA

POR UN ALUGUER

XUSTO E

ESTABLE

Deja un comentario