Lei de Vivenda da PAH

5 propostas polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos

Presentamos a nosa nova campaña: a Lei de Vivenda da PAH, 5 propostas polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos, a todos os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados.

Estas cinco propostas son:

1) Dación en Pago Retroactiva, e eliminación e compensación por cláusulas abusivas.

2) Aluguer Alcanzable,para garantir estabilidade e prezos adecuados.

3) Stop Desafiuzamentos, para que non haxa nin un só desafiuzamento máis.

4) Vivenda Social, para reacoller familias en pisos baleiros en mans da banca.

5) Subministracións Básicas Garantidas, para que toda familia teña acceso a auga, luz e gas.

 Presentamos  a Lei de Vivenda da PAH a todos os grupos parlamentarios para que a estudaran.

Durante os últimos 8 anos denunciamos a vulneración sistemática do dereito á vivenda, actuamos de urxencia parando desafiuzamentos, recuperando vivenda baleira en mans de entidades financeiras ou facendo accións de presión e denuncia á banca e administración. Fixemos posible o que nos dicían era imposible. E desde o primeiro día propuxemos cambios lexislativos realistas para garantir dereitos. Así o fixemos en 2013 coa ILP hipotecaria, unha proposta de lei que a pesar de ter un apoio social esmagador, a maioría absoluta do PP bloqueouna. Entón, empezamos con mocións municipais e con Iniciativas Lexislativas Populares nos Parlamentos autonómicos.

img_1848

Voltamos ao Congreso coa Lei de Vivenda da PAH, 5 propostas polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos. A nosa proposta de lei pretende superar os parches do PP: o Código de Boas Prácticas que deu solución ao 0,5%, a Moratoria de desafiuzamentos que só paralizou un 4,6% ou o Fondo Social de Vivendas que non deu resposta máis que ao 1%. Unha proposta, a nosa, que confronta propostas como as do PDECat de criminalización da pobreza e o desafiuzamento exprés sen buscar a solución: garantir o dereito á vivenda.

A lei de Vivenda da PAH propón solucións estruturais para garantir o dereito á vivenda e poñer fin aos 166 desafiuzamentos ao día, para poñer fin aos cortes de auga luz e gas, así como garantir o fin das débedas para sempre e dar ferramentas para ampliar o parque público de vivendas en aluguer social, pasando do 1% ao 15%, mobilizando a vivenda baleira. Unha proposta que non esquece que máis da metade dos desafiuzamentos que se producen son de aluguer, e por iso propoñemos reformas que fagan do aluguer unha opción estable, segura e alcanzable.

Coa Lei de Vivenda da PAH, imos interpelar a todos os grupos do Congreso, a todos.  Tamén interpelaremos ao PP, que lexislou e actuou para manter os privilexios da banca en detrimento de os dereitos de todas, porque os nosos dereitos están por encima dos beneficios da banca.

Na PAH levamos oito anos demostrando que parar desafiuzamentos era máis que posible. Non só paralizamos miles de desaloxos. Tamén conseguimos reacoller a 3.500 persoas, en vivendas baleiras que estaban en mans da banca a través da campaña Obra Social a PAH. Non nos rendemos, e por moitos paus nas rodas que nos queiran poñer. Porque lexislar leis a favor das familias é só #cuestión de vontade política

. O reto do noso texto de lei é moito máis que un tema de vivenda, pois implica directamente ao modelo de Cámara Lexislativa que teremos durante os próximos anos. Ou ben un modelo falso onde se lexisle a favor de intereses privados ou unha Cámara Lexislativa que sirva para protexer os dereitos de toda a cidadanía. Non esquezamos que todos os desafiuzamentos ocorridos desde o inicio da estafa, mal chamada crise, asentáronse na existencia de leis inxustas. Leis declaradas ilegais polo propio Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Lonxe de liquidar a situación das familias, o Congreso foi utilizado para sacar adiante medidas para protexer á banca e as eléctricas, vulnerando o Dereito á Vivenda recollido no artigo 47 da Constitución Española. É a hora de que por fin, as demandas da cidadanía entren ao Congreso, e sexan aprobadas para que nunca máis ningunha familia quede na rúa.

Chegou a hora de demostrar se temos un congreso a favor da cidadanía ou de bancos e subministradoras. Non queremos palabras, queremos aprobar a Lei de Vivenda da PAH

Si Se Pode!

IMG_1133

As STOP/PAHS Galegas no Parlamento de Galicia 

Deja un comentario