
60.754 lanzamentos practicados en 2017
O número de lanzamentos hipotecarios ou desafiuzamentos practicados en 2017 foi de 60.754 un 3,6% menos que un ano antes, en tanto que as execucións de inmobles presentadas nos xulgados reducíronse un 37,8% ata 30.094, segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ).
Segundo o informe sobre os efectos da crise económica nos órganos xudiciais que este luns fixo público a Sección de Estatística do CGPJ, case seis de cada dez lanzamentos -35.666, o 58,7%- foron consecuencia de procedementos derivados da Lei de Arrendamentos Urbanos ( LAU), mentres que outros 22.330 -o 36,8%- deriváronse de execucións hipotecarias.
Os lanzamentos por falta de pagamento do aluguer experimentaron un aumento do 4,3% en 2017, mentres que os derivados de execucións hipotecarias baixaron un 15,4%.

En Galicia

O número de lanzamentos hipotecarios ou desafiuzamentos practicados en 2017 en Galicia foi de 2.493, un 4,6 por cento máis que o ano anterior este aumento explícase por falta de pagamento do aluguer que experimentou un aumento do 4,3% en 2017.
E o drama continúa, aínda que agora cambie de rexistro. Se nunha primeira fase a maior parte dos lanzamentos producíanse por falta de pagamento da hipoteca e aplicando unha lexislacion inxusta –que xa veremos que pasa con ela- botase á familia á rúa ao terceiro prazo vencido, agora abundan máis os desafiuzamentos por falta de pagamento da renda de aluguer. Seguen producíndose os desafiuzamentos hipotecarios, aínda que xa non son tantos como nos peores anos da crise, en que se superaron os 225 diarios .Cada dia hai mais desaloxos por falta de pagamento de Aluguer está a cambiar o motivo do desafiuzamento, e as familias continúan terminando na rúa. É o lado mais cruel dunha crise que non cesa para a mayoria social