Concirne este chamamento a gobernos, políticas, administracións, traballadores da saúde, sociedade civil organizada e medios de comunicación. Todos son destinatarios da chamada da OMS, se ben a propia Organización Mundial da Saúde escribe textualmente na súa web: A experiencia demostrounos, unha e outra vez, que a cobertura sanitaria universal acádase cando existe unha firme determinación política. Con isto ademais parece emitir xa un diagnóstico claro do que dende todas as Mareas Brancas se vén denunciando e contra o que se vén traballando como Mareas Brancas. No noso compromiso está a nosa determinación persoal e sobre todo colectiva, a xustiza e a razón do noso obxectivo pola saúde a sanidade públicas, que confirman a nosa entrega á loita e á necesaria suma de loitas.
Como vimos facendo ata hoxe, imos traballar os outros 364 días do ano, ano tras ano, polo logro dunha aspiración irrenunciable á saúde e á dignidade coa imprescindible sanidade pública, partindo tamén da súa tarefa de garantir a prevención.
LOITAR É SAÚDE PORQUE SAÚDE É LOITAR
GOBERNE QUEN GOBERNE, OS DEREITOS SE DEFENDEN
COORD. ESTATAL MAREAS BLANCAS
Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública - A Coruña
Sumámonos ao Día Mundial da Saúde, que no seu lema deste ano apunta correctamente que “Saúde é todo”, con intención de lembrar non só ao sistema sanitario, senón a unha multitude de factores que os rodean, que se coñecen como determinantes da saúde e que está demostrado que teñen incidencia directa na saúde das persoas, como educación, emprego, soldo, xénero, vivenda, calidade do aire e da auga, etc. En recoñecemento disto e en apoio a todas as mobilizacións que terán lugar en máis de 40 países, a Coordinadora Antiprivatización de Sanidade de A Coruña súmase ao manifesto da Marea Branca estatal, pero antes queremos lembrar tamén as últimas cousas que aconteceron en Galicia dende primeiros de ano:
-Aprobáronse as novas instrucións para a aplicación dos tempos de espera, que din así: “Si el paciente no manifiesta su decision en el plazo de siete días o rechaza el centro alternativo ofertado…
Ver la entrada original 744 palabras más