Neste sentido apoiamos a convocatoria de SOS Sanidade de mañá, mas consideramos tamén que hai que falar moi claro, sen a derrogación da lei 15/97, do decreto do 2012 e do artigo 135 da Constitución, non será posible frear os plans de privatización.
Por iso, mantemos a nosa convocatoria de Marea Branca, para o domingo ás 12.30 no Obelisco, e convidamos a SOS Sanidade e a todos aqueles que queiran a vir este e os vindeiros terceiros domingos de cada mes as concentracións de Marea Branca, para sumar forzas e darlle forte aos gobernos que queiran destruír a Sanidade Publica.
A sanidade non se vende, deféndese!
Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública - A Coruña

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña apoia todas as mobilizacións en defensa da sanidade pública; consideramos que todo o que se faga nese camiño é pouco diante dos ataques que se veñen cara o seu desmantelamento e destrucción.