Unha maña sen Praia

AD349824-7378-4F27-9C81-7B0B4C43B185

O 3 de xullo ás 11:00 da mañá, a RSP Vigo, Os Ninguéns, a PAH Vigo-Tui Baixo Miño voltamos á rúa, para seguir reivindicando un parque público de vivenda social en aluguer, municipal e autonómico, para toda a que o precise: é urxente e prioritario solucionar o problema habitacional desta cidade, e para iso concentrarémonos na Praza da Princesa.

👉🏻A subida dos alugueres aumenta os desafiuzamentos por falta de pagamento da renda

👉🏻As familias teñen cada vez máis dificultades para abonar a renda mensual e iso deriva nun incremento da morosidade e, en último termo, dos desafiuzamentos.

👉🏻A Recuperación Económica QUE DIN QUE HAI non chegou aos Fogares

A RSP Vigo Os Ninguéns e a PAH Vigo Tui-Baixomiño
convocan :

Digámoslles que xa abonda de pasarse a pelota .Acudide e traede as vosas toallas! Tamén pasarémonos uns as outras unha grande pelota, para representar en ton naif o “xogo” que as administracións se traen entre mans con este tema, ao pasarse uns a outras a responsabilidade para que ao final, como sempre, non se dean solucións e perdan os afectados.

Imos proxectar toda a nosa enerxía

Deja un comentario