
Aínda que nas asembleas da PAH nunca se perde o espírito do Nadal (grazas á solidariedade e xenerosidade de todas, a paz e alegría ao lograr unha solución, que ademais dá eperanza a quen sigo loitando e paralizando desafiuzamentos todos os días), miles de familias non puideron pasar nin a Noiteboa no seu fogar porque banqueiros e especuladores arrebatáronllo. É a débeda social que deixan uns señorones deputados de costas ao pobo.
Cada día é unha conta atrás para:
Hipotecadas, como Ánxela , que non poderán acabar 2020 na súa casa senón esténdese a moratoria que acaba en maio.
Inquilinas, como Pilar, que non poderán acabar 2020 na súa casa se os alugueres seguen subindo desproporcionadamente aos salarios.
Precarias, como Esther, que non poderán acabar 2020 con casa de seguirse executando desafiuzamentos sen realoxamento adecuado e cun parque de vivenda social á cola de Europa.
Tras 10 anos facendo cumprir o dereito á vivenda fronte a políticos e banqueiros, a PAH puxo sobre a mesa un plan de choque urxente, para acabar cos abusos, picar a burbulla e frear a especulación. Un plan que imos pelexar goberne quen goberne, para celebrar que *ÁngelaSeQueda, PilarSeQueda, EstherSeQueda… porque ou se está coas persoas e # ViviendaParaTodas, ou se está cos fondos voitre, os bancos e os especuladores.
Que non che hipotequen a vida, que non exploten os teus soños, que non che rouben o próximo Nadal.
Acabemos 2020 en casa. Contacta co teu PAH máis próxima e xuntas faremos que estas non sexan o último nadal en casa, porque COA PAH SI SE PODE!
Corre a voz no teu barrio. As imPAHrables temos un plan para acabar #2020 sinDesafiuzamentos . Un espírito do Nadal e guerreiro vai percorrer bancos e parlamentos, nós chamámoslle espírito PAH.