En que casa quédome ?

Desde a PAH consideramos que esta situación que viven actualmente decenas de familias e compañeiras é inaceptable e incomprensible. As administracións competentes non están respondendo como cómpre á situación, propoñendo solucións insuficientes e dando as costas unha vez máis á cidadanía máis vulnerable.

É tamén o momento de corresponsabilizar ao sector privado da banca, fondos voitre e grandes propietarios para acabar con esta crise. En Galicia , a cantidade de vivendas baleiras é astronómica e das máis elevadas de toda Europa. Os últimos datos oficiais publicados falan de 300,000 vivendas baleiras en Galicia ,e máis de 25.000 proveñen de ejecuciones hipotecarias e están en mans da banca. Como pode ser que teñamos familias e compañeiras en situacións precarias e de inseguridade habitacional? Como pode ser que haxa todos estes pisos baleiros en desuso e ao servizo da especulación? É necesario mobilizar toda esta vivenda baleira e poñela a disposición da cidadanía.

É por iso que pedimos:

1. Dotar de maiores presupostos en partidas de vivenda no ámbito estatal, autonómico e local para facer efectivas as demandas.

2. Realoxo digno e adecuado ás familias que están situadas en pensións, en pisos con cociña e espazo vital para os niñosSuministros básicos garantidos: auga, luz e gas

3. Cesión obligatoria das vivendas baleiras da banca e fondos voitre, tal como marca a Lei 24/2015

4. Expropiación das vivendas da SAREB

5. Regulación do prezo do aluguer de xeito efectivo para deter a expulsión masiva de veciñas dos seus fogares

6. Regulación do prezo do aluguer de xeito efectivo para deter a expulsión masiva de veciñas dos seus fogares

7. Condonación de débedas hipotecarias, das débedas de impago dos alugueres e suministros a familias vulnerables por falta de recursos económicos

8. Axudas económicas aos pequenos propietarios que se ven afectados por impagos de aluguer

9. Esiximos medidas valentes e innovadoras á altura da situación, que dean resposta ás familias, un plan de choque social real e efectivo. Non podemos permitir que, unha vez máis, esta crise da COVID-19, volvámola a sufrir e pagar as máis vulnerables.

Deja un comentario