Carlota no Corazón
Dos conpas de Ferrol
«Foi-se unha grande da loita, artífice do sorriso de centos de familias, cómplice e fundadora de @PAHVIGO TUI, loitadora incansábel polos DDHH até o último día, pero sobre todo foi-se unha persoa marabillosa,valente, leal e xenerosa»
Este mércores 3 de febreiro de 2021, deixaba-nos a nosa compañeira Carlota

Carlota Pérez, formaba parte da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) Vigo-Tui, só tiña 52 anos, unha cruel enfermidade acabou coa súa vida en poucos días.
Desde 2011 Carlota estivo presente no movemento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna, o seu compromiso, a profunda solidariedade e a súa xenerosidade, estivo sempre na intensa actividade polos dereitos civís e humanos. Un traballo incansábel e un compromiso coas «Condenadas da Terra», na loita polo dereito a unha vivenda e vida dignas. Combateu os abusos bancarios e buscou solucións residenciais a quen o necesitaba. Denunciaba a falta de investimentos en vivenda pública social, reivindicaba un parque de vivenda pública e promoveu a nosa alternativa de Lei de Vivenda da Galiza. A loita de Carlota está na mente de moitas e moitos de nós e a de todas as persoas que nos momentos máis difíciles sentiron o seu apoio e compromiso.
As compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra – Stop Desafiuzamentos só temos palabras de agradecemento e lembranza, para tanta xenerosidade e amor. Carlota sempre na nosa memoria.
Vigo , a 3 de febreiro, de 2021
https://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com/2021/02/carlota-no-corazon.html
|||||||
