
O chamado problema da vivenda afecta a miles de persoas que buscan un lugar ond vivir, mais tamén é o problema de miles de persoas que viven na incerteza de se poderán seguir pagando os alugueiros ou a cota hipotecaria. O prezo dos alugueiro non deixou de subir nos últimos anos, os prezos de alugueiro aumentaro considerablemente nos últimos anos, especialmente nas cidades máis grandes com A Coruña, Santiago de Compostela ou Vigo. Isto levou a unha carga económica cad vez maior para os inquilinos, que destinan gran parte dos seus ingresos ao pago do alugueiro.
Algúns argumentos enganosos ou falsos sobre a cuestión da vivenda:
• Non é un problema da mozos e mozas ou de persoas vulnerables, estamos fartas de escoitar esa mentira, o acceso á vivenda ou a loita cotiá para non ser expulsadas das nosas casas afecta a amplas maiorías sociais.
Destinamos máis do 40% dos nosos ingresos ao pagamento da vivenda
• Somos o país da OCDE onde máis porcentaxe do salario dedícase ao a sufragar o alugueiro e dispáranse os desafiuzamentos
• Non é tampouco un problema de baixos salarios, que son baixos sen dúbida, porén non é certa a afirmación: «é que os salarios son baixos» que o son. É curioso que se preocupen do pouco que gañamos, para darllo a eles. Asistimos a untransferencia de diñeiro ao rentísmo.
* Denunciamos o alugueiro Turístico: É especulación pura porén é que ademais está converter aos barrios nun trasfego insoportable de turistas. En Galicia xa hai máis oferta de pisos turísticos que habitacional.
Galicia posúe 340.500 vivendas completamente baleiras.
O Programa de vivenda baleira da Xunta, do PP, posto en andamento en 2016, só conseguiu adxudicar 7 vivendas, un escándalo. O Partido Popular non construíu vivendas sociais e agora fálanos de promesas.. As vivendas baleiras de grandes propietarios (persoas físicas ou xurídicas que dispoñan dun significativo número de vivendas) sen a debida xustificación deben mobilizarse cara ao alugueiro social a través da expropiación temporal do seu uso.
Esiximos:
1) Estabilidade do alugueiro. Débese estender a duración dos contratos de alugueiro: 12 e 6 anos para as vivendas de grandes e pequenos propietarios, respectivamente. Os contratos deben renovarse automaticamente se non existe necesidade de uso da vivenda pola propiedade familiar de primeiro grao (xustificando previamente e tendo que avisar con 6 meses de antelación).
2) Regulación dos prezos do Alugueiro. É fundamental garantir que o importe da hipoteca ou o alugueiro, sumado aos gastos e subministracións básicos, non supere o 30 por cento do ingreso medio. Esta métrica permite asegurar que a vivenda sexa asequible e accesible para unha amplio espectro de persoas, promovendo así a estabilidade financeira e o benestar.
3) Mobilización das vivendas baleiras. No sindicato consideramos que unha vivenda baleira é aquela a que non se lle deu uso habitacional durante seis meses sen causa xustificada. Por iso esiximos a mobilización forzosa das vivendas e terreos baleiros de grandes propietarios, a través da expropiación para poñela en uso, baixo réxime público. No caso dos pequenos propietarios, contemplamos a aplicación de bonificacións se se poñen en uso as vivendas durante o primeiro ano.
4) Aumento do parque de vivenda pública en réxime de alugueiro. É urxente aumentar o parque público de vivenda en alugueiro a través da mobilización da vivenda xa construída antes de promover novas construcións. Débese promocionar o réxime público de alugueiro.
Non somos partidarios de usar diñeiro publico para compra de Vivendas de Protección Oficial (VPO).
Por suposto, ten que quedar prohibida a venda de vivenda pública será recuperada a que se vendeu.
5) Eliminación do réxime especial tributario das SOCIMI (Sociedades Anónimas Cotizadas de Investimento Inmobiliario). Eliminación do Réxime especial tributario das Sociedades
Anónimas cotizadas de investimento inmobiliario que tributan ao 0% no imposto de sociedades.
6) Que os Gastos derivados do alugueiro e fin dos abusos dos intermediarios. Trátase de poñer fin aos abusos dos intermediarios. O arrendador debe asumir a totalidade de honorarios polos servizos prestados por parte dos Axentes da Propiedade Inmobiliaria (APIs) ou administradores das propiedades.
7) Contra estafa HIPOTECARIA que a BANCA pague o incremento do EURIBOR.
A banca debería comprometerse a protexer os seus clientes fronte ás fluctuacións da Euribor, asumindo o incremento desta tarifa en lugar de trasladalo aos usuarios.
