Argumentario sobre a Lei
Considerámola positiva, pero insuficiente: • Responde a unha realidade do problema de acceso á vivenda en alugueiro:
En Galicia, existe unha subida de máis do 30% en 5 anos, 9% no último ano. ou Falta de acceso á vivenda en alugueiro: o ano pasado alcanzouse o número máximo de solicitantes de vivenda no rexistro da Xunta. Vigo ten a maioría.
Hai a metade de vivendas dispoñibles para o alugueiro que hai 4 anos.
O número de vivendas postas en alugueiro vacacional multiplicouse por 3 nos últimos 5 anos, dándose a situación de que existe 7 veces máis vivendas dispoñibles para o alugueiro vacacional que para o alugueiro de vivenda habitual.
Maiores dificultades: solicitan ata dous ou tres meses de fianza, avais ou avais bancarios, seguros de falta de pagamento de alugueiro etc. O que imposibilita en moitos casos en acceso á vivenda. ou Isto está a orixinar grandes problemas para a emancipación da mocidade (taxa de emancipación baixou 1.2 puntos porcentuais, só un 15%), pero tamén para o desenvolvemento do proxecto de vida nas capas con maior precariedade: inmigrantes, familias monomarentales, etc.
• Ten puntos positivos:
Con todo, na súa aplicación:
1/ As medidas de límite dos prezos dependen da declaración de zonas
tensionadas, así como o índice de prezos de alugueiro.
2/ A declaración de zonas tensionadas ten que solicitalas os concellos,
pero o procedemento debe desenvolvelo as CCAA, que son quen ten as
competencias.
3/ A Xunta de Galicia, inicialmente, dixo que non ía aplicala; logo abriu a
porta, tras a solicitude de varios concellos; agora acaba de anunciar que vai recorrela
, porque se mete en competencias autonómicas. Di que conter
os prezos non funciona (esta perspectiva favorece á patronal inmobiliaria)
ou Os límites de prezos son unha pinza e seguen sendo demasiado altos, non é
realmente unha solución.
4/ No caso dos pequenos propietarios, é unha recomendación, non unha
obrigación. O 95 % da vivenda en alugueiro é de pequenos propietarios, non
aplicará case nunca.
5/ A figura dos alugueiros de tempada serve para saltarse ese límite, é unha
trampa dentro da lei.
6/ As prórrogas que se aplican aos contratos de alugueiro son só aos novos,
non aos vixentes.
A vivenda é un dereito e non pode ser considerada como un negocio.
C