
Menos pisos para alugar que nunca e máis vivendas de uso turístico que nunca. Unha com-binación que se está a dar na Galiza e que, entre outras consecuencias, implica un aumento continuado dos prezos de arrendamento. O prezo da vivenda de aluguer na Galiza subiu 10,7% no primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período de 2023.
Na Galiza é máis doado lograr unha vivenda de uso turístico que un piso para poder vivir nel de aluguer. Algo que semellaba impensábel non hai tantos anos agora é unha realidade. Con este escenario de fondo reuníronse esta terza feira en Madrid a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, e a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez.
Fronte a estes datos, o aumento constante e semella que sen fin das VUT, as vivendas que se destinan a uso turístico. As cifras do rexistro da Xunta da Galiza indican que en abril xa estabamos nas 27.000 vi-vendas para uso turístico. 27.000 fronte a 2,250 que hai no circuíto de comercialización de aluguer. A media é de 12 VUT por cada piso para arrendar con fins residenciais.

Esta desproporción ten diversas consecuencias, unha delas, e de efecto inmediato, é a espiral de aumento dos prezos de aluguer. O prezo da vivenda de aluguer na Galiza subiu 10,7% no primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período de 2023.
….