Os RENTISTAS RÓUBANNOS A VIDA.
Vingamos de onde vingamos, sexamos quen sexa, ou teñamos o que teñamos, necesitamos un teito. Pero vemos a rentistas (de bancos e fondos a pequenos investidores e caseiros) facer negocio coas vivendas. Pagamos os seus beneficios coa nosa vida, o noso traballo, o noso sufrimento. A metade ou máis do noso soldo todos os meses. As nosas vidas importan menos que o seu negocio. Facemos ricos aos ricos. A vivenda non poderá ser algo garantido para todo o mundo mentres siga sendo un negocio, unha mercadoría. Isto tense que acabar.
Os gobernos de dereitas e esquerdas non queren acabar co negocio inmobiliario, senón defender os intereses dos rentistas: sosteñen os prezos con axudas ao alugueiro e a hipoteca, subvencionan aos propietarios con exencións fiscais e ás construtoras con acordos de construción de vivenda “protexida”. A lei de vivenda non nos serve para baixar os prezos. Os servizos sociais e as Ong xestionan a miseria, cobran por aconsellarnos que non loitemos e vaiámonos á rúa.
Só organizándonos xuntas poderemos facer que as casas sexan, como a sanidade ou a educación, un ben que non se rexe pola especulación e o acaparamiento, un dereito de todas as persoas a unha vivenda digna, sen a cal non se pode ter unha vida digna.
As nosas reivindicacións son moitas;
ALUGUEIROS
Baixada xeneralizada de prezos de alugueiro.
Contratos indefinidos de alugueiro.
Prohibir o alugueiro turístico.
Acabar coa estafa dos alugueiros temporais e por habitación.
COMPRA
Fin da compra con usos especulativos.
Impostos brutais sobre vivendas en alugueiro e baleiras.
Impostos brutais a SOCIMIS, fondos e empresas especuladoras.
Baixada xeneralizada de prezos de compra.

CONSTRUCIÓN E CASAS VACIAS
Moratoria á construción de nova vivenda ata que se ocupe toda a vivenda baleira.
Sancións á vivenda baleira.
Prohibir reclasificar chans cando existan chans urbanizables nos municipios.
As vivendas que reciban axudas públicas deben ter prezos taxados e/o pasar ao parque público de vivenda.
VIVENDA PÚBLICA
Aumento do parque de vivenda pública.
Todas as vivendas da SAREB e dos bancos rescatados con diñeiro público deben formar parte do parque público.
Expropiar vivendas dos fondos voitres.
As vivenda públicas deben ser de construción e xestión públicas; non deben poder ser vendidas; deben estar en réxime de alugueiro ou en formato de cooperativas.
DESAFIUZAMENTOS
Prohibición dos desafiuzamentos sen unha alternativa digna.
OKUPACIÓN
Despenalización da okupación.
Desxudicialización da okupación de vivendas baleiras.
Desarticulación das empresas de desokupación.
Nada disto será posible se non nos organizamos. Todos os dereitos que temos veñen das loitas que nos precederon. Para que nos deixen de roubar a vida e o soldo, inquilinos, hipotecados e okupas temos que xuntarnos e pensar accións encamiñadas a que a vivenda sexa un dereito e non un negocio. Acode á asemblea de vivenda do teu barrio, sindicato ou plataforma.