“Únete a nós no Sindicato de Inquilinas _Sindicato de Vivenda de Vigo Tui Baixo Miño
Porque esta loita non só responde a un malestar inmediato, senón que é unha loita que transcende o ámbito da vivenda para desexar unha sociedade máis xusta.
A explotación rendista está a ser desenmascarada á plena luz. Neste contexto, o Sindicato de Inquilinas desempeñou un papel clave, conseguindo que a percepción de que ‘pagar alugueiro é tirar os cartos’ sexa hoxe sentido común: os caseiros róubannos o soldo.
Pero hai que ter unha cousa clara: para que a nosa loita teña éxito, debemos saír dos guetos e sumar a máis xente. Non podemos limitarnos a organizar a quen está peor, senón que debemos articular un discurso capaz de conectar cunha maioría social. Temos que incluír a todas aquelas que loitan e desexan unha vivenda digna, sexan inquilinas ou non, ás que pagan hipotecas inxustas á banca, é dicir, a todas as que loitamos polo dereito á Vivenda.”