5 de Abril MOVILIZACIÓN ESTATAL 

Chegou o momento de organizarnos, de evitar que nos boten das nosas casas, de frear os abusos dos rentistas e banqueiros e de poñer fin ás subas do alugueiro e da vivenda.

O 5A saímos á rúa polo dereito á vivenda!

6 puntos con reivindicaciones muy claras:

1. Baixada do 50% nos alugueiros. Os prezos actuais son insostibles e afogan a millóns de persoas. Necesitamos unha baixada inmediata.

2. Contratos de alugueiro indefinidos. Cada 5 ou 7 anos expúlsannos dos nosos fogares para subir os alugueiros, provocando miles de desafiuzamentos invisibles. Necesitamos contratos indefinidos para poder desenvolver proxectos de vida nos nosos fogares.

3. Recuperación das vivendas baleiras, turísticas e en alugueiro de tempada.

4. Fin da compra especulativa. A vivenda non pode ser unha inversión. Débese prohibir a compra de vivenda se non é para vivir nela, xa sexan fondos voitre ou rentistas individuais.

5. Desarticulación dos grupos de desokupación.

6. Que a banca asuma a subida do Euríbor. Contra a estafa hipotecaria.

Esta movilización é convocada polo movemento da vivenda, formado por asembleas e colectivos de todo o Estado. É un berro colectivo para denunciar esta realidade e fortalecer a organización desde a base.

Deja un comentario