Acabemos co negocio da vivenda.5Abril .

O 5A baixemos os alugueiros, acabemos co negocio da vivenda.

O 23N fomos centos de miles na rúa para baixar os alugueiros. E dende entón, os gobernos non fixeron NADA.

Nós, en cambio, non paramos.

Os dereitos non se gañan dun día para outro. Por iso, o sábado 5 de abril tócanos insistir. Tócanos volver saír masivamente á rúa.

Axuda a facelo posible. Organiza a protesta no teu pobo, enche de carteis o teu barrio, coordina aos teus veciños.

Acabemos co negocio da vivenda.

As nosas reivindicacións son claras:

Baixada do 50 % nos alugueiros. Os prezos actuais son insostibles e asfixian a millóns de persoas. Necesitamos unha baixada inmediata.

Contratos de alugueiro indefinidos. Cada 5 ou 7 anos expúlsannos das nosas vivendas para subir os alugueiros, provocando miles de desafiuzamentos invisibles. Necesitamos contratos indefinidos para poder desenvolver proxectos de vida nos nosos fogares.

Recuperación de vivendas baleiras, turísticas e de alugueiro de tempada. Mentres se fala de falta de vivenda, centos de miles de casas destínanse a usos que non son vivenda habitual. Necesitamos recuperalas para que cumpran unha función social.

Fin da compra especulativa. A vivenda non pode ser unha inversión. Débese prohibir a compra de vivenda se non é para vivila, xa sexa por parte de fondos voitre ou de rentistas individuais.

Aumento do parque público de vivenda e disolución da SAREB. É necesario ampliar o parque público de vivenda, pero non a través da construción masiva, senón mediante a devolución ao parque público das vivendas da SAREB e mediante expropiacións. O modelo actual de vivenda de protección oficial busca asegurar o beneficio dos promotores privados con diñeiro público. Necesitamos un modelo que elimine os requisitos de ingresos mínimos, axuste os prezos segundo os ingresos das unidades familiares e cree un sistema 100 % público e de alugueiro a perpetuidade.

NON AO TERRORISMO

Desokupa = ilegal.

Deja un comentario