1º MAIO 2025 : Baixemos o Aluguer

O lobby propietario si que está ben organizado e durante décadas conseguiu enormes deducións fiscais. Teñen voceiros en todos os medios de comunicación alertando da chegada do “inquilino moroso”. O seu lobby está infiltrado nas entrañas do Estado .

O Rentismo é unha enorme bolsa de fraude, calculada en arredor de 3.000 millóns anuais, segundo os inspectores de Facenda. Polo tanto, o peto dos caseros é un pozo sen fondo, tendo en conta que as políticas de fomento do alugueiro foron un fracaso histórico, que só enriqueceron aos rendistas pero non conseguiron mobilizar as vivendas infrautilizadas ou baleiras para uso social.

POLO DEREITO Á VIVENDA

No noso país é case imposible ter un proxecto de vida estable, debido á falta de protección xurídica dos inquilinos pero sobre todo, á precariedade crecente e ao aumento continuo dos prezos da vivenda.

Xa non é só o drama das miles de persoas pendentes dun fío para seren desafiuzadas, é un problema estrutural que afecta a capas amplas da sociedade: a precariedade xeralizada.

Unha de cada tres familias ingresa menos de 1.100 € netos ao mes, sumando todos os soldos da unidade familiar. Isto dá lugar a un novo concepto: o “fogares milleuristas”. O 40,8% dos fogares chega “xusto” a fin de mes, e un 12% nin sequera chega. Isto xera ansiedade constante: medo a que non che renoven o contrato, a que che suban o alugueiro 150 ou 200 €.

Os desafiuzamentos por impago do alugueiro non deixaron de aumentar.

Ao non existir un parque público de vivendas fóra das dinámicas do mercado libre, son as inmobiliarias as que controlan os prezos. O parque de vivenda pública en alugueiro non chega ao 1%, polo que os 2,5 millóns de fogares que viven de alugueiro están sometidos á ditadura da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU), á dictadura do rendismo.

Loitamos polo dereito á vivenda. Hoxe, a vivenda é un artigo de luxo.

Non se axuda ás familias, axúdase aos propietarios e á banca.

É o desafiuzamento do desafiuzado: xente que perdeu a súa casa por non poder pagar a hipoteca, volve quedar na rúa por un desafiuzamento por alugueiro, porque non lle chega para pagar a mensualidade, e para máis inri moitas destas persoas seguen mantendo a débeda co banco, o que fai practicamente imposible saír adiante.

O noso país é líder europeo en axudas á vivenda… e líder europeo en desafiuzamentos.

Deja un comentario