Autor: Sindicato Inquilinas e Vivenda

CRÓNICA DA ASEMBLEA DO SÁBADO 8 DE XUÑO E ACORDOS IMPORTANTES.

Nunha Asemblea á que asistiron moitos cidadáns que non se resignan a ver o sufrimento alleo e queren loitar, a PAH tomou importantes acordos coma sempre de xeito consensuado e aberto para rematar asesorando aos afectados un por un.

A Asemblea comezou cuns vídeos nos que lembramos a nosa loita na rúa como movemento cidadán de resistencia ante a pasividade da clase política que sigue sen ser consciente do drama que supón que as familias desafiuzadas sexan expulsadas das súas casas cunha débeda vitalicia co banco que os ata e mata en vida. Repasouse territorialmente o traballo da PAH, onde destaca o excelente apoio que nos brinda o Concello de Salceda (cédenos un local, fainos fotocopias, fixeron un fondo solidario coas pagas extras dos Concelleiros) e a nula colaboración que nos ofrece o Concello de Vigo.
Como ven sendo habitual dado que somos un movemento aberto e transversal onde todos temos voz e no que fomentamos a colaboración e a presenza dos colectivos, interviron os representantes da asociación Ponte Solidario, una ONG de Ponteareas que ofreceu o seu total apoio e a súa capacidade loxística para axudar aos afectados e colaborar coa PAH.

Abriuse unha rolda de palabra para propoñer e determinar novas accións de protesta. Consensuamos que protestaremos ante as entidades bancarias cada semana, alternando os luns e os martes. Pretendemos ter máis presenza na rúa, que se nos vea e escoite e incomodar a quen intimida e acosa aos afectados con chamadas inoportunas e ameazantes. Comezaremos este martes día 11  no cruce dos 4 bancos de Colón e despois do acto (sobre as 14 horas) iremos aos Xulgados de Vigo (rúa Lalín) a presentar un escrito no que pedimos a obxección de conciencia dos xuíces nos casos de desafiuzamento. Para que o acto sexa efectivo e teña a difusión desexada pedimos a TODOS OS CIDADÁNS, AFECTADOS, ACTIVISTAS  e SIMPATIZANAsemblea 8/6/13TES coa causa da vivenda que veñan con nós para visualizar que a nosa petición está amparada pola sociedade e que é unha petición desesperada para frear o drama dos desafiuzamentos que para tantas familias supoñen perder todo, contraer unha débeda vitalicia e morir en vida atados a un banco.

Dende a PAH queremos agradecer a presenza dos asistentes, animar aos afectados (que comproban que cada vez están máis acompañados) e lanzar unha mensaxe de loita e non resignación á cidadanía, pois nas nosas mans está seguir sendo escravos dos bancos ou ser cidadáns libres e dignos.

XUNTOS, PODEMOS!!!

 

Asamblea da PAH Sabado 8

20130606-231606.jpg

Este sábado 8 de junio la PAH celebrará una nueva Asamblea de afectados, activistas y ciudadanos, esta vez en el Centro Cívico de Teis a las 17hs.

Será una Asamblea de trabajo, en la que además de debatir sobre la solución, el movimiento ciudadano estudiará los casos que llevan uno a uno. «Pretendemos sumar fuerzas y trabajo para poder seguir adelante con todos los casos», explica la Presidenta Carlota Pérez.»Habrá lugar para el debate, como siempre, pero trabajaremos duro y todos podemos aportar algo, por lo que hacemos un llamamiento para que haya una masiva asistencia de esos ciudadanos que apoyan nuestra causa y que pueden verse el día de mañana amenazados con desahucios si no conseguimos acabar con esta situación».

La PAH, que no recibe ningún tipo de subvención o ayuda pública, lleva casi 200 casos en el área de Vigo y Baixo Miño, y no tiene local, por lo que el punto de encuentro varía en cada Asamblea, que se celebran periódicamente cada dos semanas.

El Parlamento Europeo premia a la PAH por su defensa de los derechos

El Parlamento Europeo ha otorgado el premio Ciudadano Europeo 2013 a la Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH), que también ha recibido la Real Academia de la Lengua Vasca (Euskaltzaindia). La Eurocámara concede el premio desde 2008 a «personas u organizaciones excepcionales que luchen por los valores europeos, promuevan la integración entre ciudadanos y los Estados miembros o faciliten la cooperación transnacional en el seno de la Unión, y a los que día a día tratan de promover los valores de la Carta de los Derechos Fundamentales de la UE».

La candidatura de la PAH fue presentada por los eurodiputados Raül Romeva y Ana Miranda (Verdes/ALE) y Willy Meyer (GUE/NGL). La eurodiputada liberal Izaskun Bilbao (ALDE) propuso la candidatura de la academia vasca para el premio. Los ganadores fueron seleccionados ayer por un jurado en Bruselas presidido por la vicepresidenta del Parlamento, Anni Podimata. Los premios se entregarán en octubre.

La portavoz de la PAH, Ada Colau, ha celebrado un premio «que proviene del ámbito europeo justo el año en el que una de las cuestiones más significadas ha sido la sentencia del tribunal europeo que dio la razón a la PAH en su consideración de las injusticias del sistema hipotecario español». Colau subraya también que el galardón reconoce valores de ciudadanía «después del intento de criminalización del PP». A lo que ha agregado: «Que quiso incluso equipararnos con el terrorismo». «El premio deja en evidencia el carácter antidemocrático del Gobierno del PP», ha puntualizado.

Hoy ha sido Ada Colau. Mañana nos pueden traer a Arnaldo Otegi y, con el voto de la izquierda, darle un premio”. Así reaccionó este jueves el eurodiputado español del PP Carlos Iturgaiz a la concesión del premio Ciudadano Europeo 2013 a la Plataforma de Afectados por la Hipoteca (PAH).
La portavoz de la PAH, Ada Colau, dijo que la concesión del premio debería hacer rectificar al PP. Colau, en declaraciones a Efe, dijo que el galardón es “especialmente importante” en un momento en el que el Gobierno del PP no quiere recoger las peticiones de la Plataforma. “Pero además, el PP ha intentado desviar la atención del problema de los desahucios y de la vivienda con una campaña para desacreditar y criminalizar a la PAH, llamándonos nazis y terroristas”, añadió.

20130606-231530.jpg

ASEMBLEA da PAH:Sábado 8 (centro Cívico de Teis )

Os principais responsables da crise atópanse nos consellos de administración das entidades financeiras.

 Ademais, centenares de miles de vivendas están sendo acumuladas polas entidades financeiras o que supón un delito consistente en acaparar un ben de primeira necesidade.

Ante este recorte de dereitos e de liberdades facemos unha chamada ao conxunto da sociedade civil a poñerse en marcha contra estáfaa hipotecaria e a impunidade financeira. A loita continua. Non imos permanecer parade@s.

Seguimos adiante, Subimos as apostas, polo dereito á vivenda para tod@s, contra a impunidade financeira e contra estafa  hipotecaria.

¡¡Si se pode!!

            ASEMBLEA DA PAH : CASO A CASO; XUNTOS  PODEMOS    Civico de teis 

           Sábado 8 as 5 pm no Centro Cívico de Téis

Vigo uniuse ás manifestacións internacionais contra o austericidio da Troika.

Ás 12 e cuarto de mañán unha morea de cidadáns tomou a Praza de España para berrar contra as medidas impostas pola troika (Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea) que o goberno inútil do PP cumpre ao pé da letra pese a que supoñen un austericidio que leva ao país e aos seus cidadáns á máis absoluta pobreza. España cede soberanía a cambio de miseria e sufrimento cun contrato liberal que nin a dereita nin o centro esquerda institucionais cuestionan.

20130601-154415.jpg

A PAH sumouse ás mobilizacións europeas convocando incluso a de Vigo, que xunto con Zaragoza inauguraba de mañán as protestas europeas. Membros da PAH, da CNT, de Galiza Nova,BNG  e outras organizacións ateigaban a Praza de España, punto de partida. Entre gritos contra o Goberno, as medidas da troika, a favor dos afectados e contra a clase política xorda e incapaz a manifestación chegou á sede de IberCaja, onde o comPAHñeiro Ricardo facía uves de vitoria coas súas mans, pois gañou a súa loita contra esta entidade cunha folga de fame e o apoio total e absoluto da PAH, entre aplausos dos asistentes. Outro xesto simbólico e espontáneo tivo lugar no cruce de Colón (o dos catro bancos), onde membros da PAH colléronse das mans para rodear o cruce e gritar que aí estaban os culpables desta estafa e da súa odisea: a banca criminal.

A manifestación chegou á Porta do Sol case ás 13:30, onde se leu un manifesto que rexeitaba o austericidio liberal e antidemocrático da troika, levado a cabo coa complicidade dun goberno inútil e dunha oposición incapaz e entre gritos que pedían unha folga xeral e máis loita cidadá.

20130601-154403.jpg Por Dani G.Reigosa (Militante da PAH )