Autor: Sindicato Inquilinas e Vivenda

As vivendas turísticas dispáranse en Galiza: multiplican por 20 a súa presencia nas cidades só dende 2017

A Coruña e Vigo, ambas gobernadas polo PSOE, son as cidades con maior incremento neste tipo de negocios turísticos na última década. A normativa máis restritiva, a de Santiago de Compostela, logrou manter controlada a súa presenza.

Evolución das vivendas de uso turístico nas sete cidades galegas dende 2017

Fonte: Instituo Galego de Vivenda e Solo • Javier H. Rodríguez

Alimentar e alentar o negocio turístico dende as institucións ten consecuencias graves para as poboacións locais dos lugares obxectivo. Neste caso, as cidades galegas. Non é só unha cuestión que semelle intanxible como a perda de identidade cultural a través do emprego da lingua ou das tradicións propias nos seus centros neurálxicos. Os efectos da xentrificación son cuantificables e expulsan ás veciñanzas máis vulnerables dos seus barrios deixándoas sen acceso a servizos básicos para o desenvolvemento da vida e, en última instancia, ao non poder acceder, sequera, a pagar un alugueiro dunha vivenda digna preto das súas redes ou do seu traballo. O problema é multicausal, pero a sinerxía público-privada nos principais concellos do país revelouse fundamental. Os últimos datos do Observatorio da Vivenda de Galiza, dependente da Xunta, ofrecen un testemuño dificilmente matizable: a presenza de vivendas turísticas nas sete cidades galegas multiplicouse por 20 só dende 2017.

Compostela convírtese na referencia na limitación das vivendas turísticas

O Concello de Santiago vén de publicar un informe no que dá conta de que só 58 vivendas de uso turístico contan con título habilitante municipal, mentres que o rexistro da Xunta de Galiza inclúe 816. Das 58 vivendas autorizadas polo concello, 24 cumpren coa normativa vixente e 34 coa anterior ordenanza, que permite a súa localización en plantas superiores. Das 816 rexistradas pola Xunta, só 170 cumpren coa normativa actual de estar en baixos ou primeiras plantas.

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, xunto coa alcaldesa Goretti Sanmartín, detallan estes días a situación e a nova ordenanza que establece requisitos para vivendas turísticas, permitindo o seu aluguer até 60 días ao ano sen regularizar aquelas que non cumpren co Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Sanmartín ten explicado que a modificación da PXOM do mandato anterior non incluíu unha disposición transitoria para usos preexistentes, o que segundo informes xurídicos, impide legalizar actividades anteriores á modificación. Sanmartín recoñeceu que as expectativas xeradas durante o debate da modificación da PXOM non son realizables e subliñou a necesidade de garantir a seguridade xurídica nas actuacións do goberno local. A nova ordenanza será discutida no pleno municipal e céntrase na comunicación de usos asimilados de vivenda, sen regularizar usos preexistentes non contemplados pola PXOM.

A ordenanza tamén aborda a posible regulación do aluguer de habitacións independentes, supeditada á normativa de Turismo de Galiza. O Concello do BNG destaca que Santiago enfronta un problema grave de vivenda, exacerbado polo aumento de VUT, aínda que non é a única causa da crise habitacional. Lembrou que as VUT non se consideran residenciais urbanisticamente e deben someterse a un réxime de comunicación previa coa administración municipal. Nese marco o Concello emitiu 90 ordes de paralización de actividade para VUT sen título habilitante e planea actuar sobre todas as que non o teñen. 

Presentación do SINDICATO INQUILINAS VIGO-TUI

Fronte ós abusos no aluguer

CONTIDOS DO ACTO:

• O conflito da vivienda de aluguer en Vigo

Presentación do Sindicado das Inquilinas Vigo-Tui-BM

LUGAR E DATA:

• Martes, 25 de xuño ás 19.30h

• Centro Cívico de Teis https://g.co/kgs/pkCEeAf

Asamblea Sindicato Inquilinas Vigo

Tes algún problema de aluguer e queres que o traballemos conxuntamente na asesoría colectiva?

Escríbenos a sindicatoinquilinas.vigo@gmail.com para confirmar a túa asistencia, cóntanos o teu caso e envíanos unha copia do contrato (escaneada ou en foto) para que poidamos revisalo.

Por un alugueiro digno, xusto e asequible, vémonos o mércores 12!!

Debate a TV

Juan Medela Voceiro do Sindicato Inquilinas Vigo Tui BM

Ahí ven O MAIO

Este mes de maio vén cargado de loita sindical e en defensa dos nosos servizos públicos. Vemos a mobilización das traballadoras e usuarias da Sanidade e da Educación que marchan á folga para defender o noso patrimonio común. Por iso, debemos mostrar todo o noso apoio e solidarizarnos activamente coa súa loita.

O desmantelamento e a privatización dos nosos servizos públicos non é casual. Forma parte dun plan medido da Comunidad de Madrid no que se deteriora o público para segregarnos e imposibilitarnos construír unha alternativa a este sistema, facilitando o negocio a todo un armazón de fondos e grandes empresas que mercadean cos nosos dereitos. Mentres a nosa sanidade e a nosa educación atópanse en proceso de descomposición e de privatización, a vivenda é o exemplo de cara a onde nos queren levar. A metade das inquilinas e inquilinos somos pobres por ter que pagar máis da metade do noso soldo a un rentista que non achega nada á sociedade. 

As consecuencias sufrímolas en nosas propias carnes. Baixo un sistema que prioriza os nosos dereitos como mercadorías, os únicos beneficiados son os empresarios e políticos que se enriquecen facendo negocio coa nosa saúde, a nosa educación e os nosos fogares.  Aínda con todo, seguimos xogando cunha vantaxe: somos moitas máis quen quero construír unha sociedade xusta e libre na que a vivenda, a sanidade e a educación estean garantidas universalmente e fóra do mercado. Estamos convencidas de que chegou a hora de unirnos nunha fronte común que defenda as nosas vidas contra o capital. Somos moitas e temos todo por gañar.