Autor: Sindicato Inquilinas e Vivenda
ASEMBLEA ABERTA PARA PERSOAS AFECTADAS E COLABORADORAS
Mañá sábado á tarde no Centro Cívico de Teis teremos unha Asemblea aberta a todas as persoas afectadas e a calesquera outras que queiran asistir para informarse, colaborar ou solicitar axuda.
HORA: 18 h
LUGAR: Centro Cívico de Teis (Camiño Maceiras s/n)
Todos seredes ben recibidos.
Un saúdo da PAH.
IMPORTANTE: se algún xornalista gráfico acudise a cubrir o evento, antes de sacar algunha foto que fale cun membro da PAH.
Marca de desafiuzamentos en 2012: un 15,9% máis que o ano pasado
A medición, de xaneiro a setembro de 2012, arroxa 49.702 procedementos máis que no mesmo período de 2011
Esta estadísitca inclúe os desaloxos de locais ou leiras, ademais dos desafiuzamentos de primeira vivenda
Os procedementos de desaloxo de vivendas, locais ou leiras, chamados popularmente desafiuzamentos, presentados nos xulgados até setembro ascenderon a 49.702, a marca desde que se difunden estes datos e un 15,9 % máis que os rexistrados no mesmo período de 2011.No que vai de 2012, xa se superou a cifra de desaloxos de todo o exercicio 2010, cando se contabilizaron 47.809, segundo a estatística sobre o efecto da crise nos órganos xudiciais que elabora o CGPJ.
O número de desaloxos presentados no terceiro trimestre aumentou tamén unha 15,9 % fronte ao mesmo período de 2011, aínda que caeu respecto do tres meses precedentes, ao pasar de 18.668 a 12.610.
Seguir lendo: http://www.eldiario.es/economia/juzgados-tramitan-desahucios-septiembre-ciento_0_83991696.html
Esquema de como se executa un procedemento hipotecario
A PAH PRECISA DA TÚA AXUDA
A PAH ofrece todos os seus recursos gratuítamente. Non temos subvencións, ni cotas… Os gastos (panfletos, pegatinas…) pagámolos dos nosos bolsos e de doazóns. Para poder continuar axudando ás persoas precisamos da túa solidariedade. Se queres colaborar e non tes tempo ou dispoñibilidade, podes participar facendo unha microdoazón a través de Pay Pal.
Xuntos podemos!

