Autor: Sindicato Inquilinas e Vivenda

5 ABRIL : ACABEMOS CO NEGOCIO DA VIVENDA

🗓 Por que a MANIFESTACIÓN do 5 de ABRIL❓️

📉 BAIXAR OS ALUGUEIROS

A única vivenda accesible é a que baixa o prezo ao 50%.

🫱🏻‍🫲🏽 CONTRATOS INDEFINIDOS

Para vivir tranquilas.

🏘 VIVENDAS PARA VIVIR

Nin casas baleiras, nin pisos turísticos.

🧌 NON AO TERRORISMO

Desokupa = ilegal.

A vivenda turística, sábeno, é un escándalo,
O que para algúns chaman o problema do alugueiro, coma se fose algo que depende só da oferta e da demanda, é en realidade consecuencia do acaparamento do mercado inmobiliario e das prácticas ultraespeculativas da vivenda turística.

Alugueiro indefinido: o dereito a un fogar estable

“Oxalá os meus nunca se muden”, canta Bad Bunny nun dos temas máis soados do seu último disco. Un verso que condensa moi ben o que pasa ao noso redor: amizades, familiares, xente achegada que vive afogada, mirando de esguello a proximidade do vencemento do seu contrato de alugueiro porque teme que un incremento do prezo acorde ao mercado lles impida renovalo. Esa espiral de incerteza é un dos rostros máis recoñecibles e á vez máis crús da crise habitacional que levamos moito tempo denunciando desde Más Madrid, nunha cidade na que o 77% dos habitantes destina máis do 30% dos seus ingresos á vivenda.

Tras a Gran Recesión de 2008, a concesión de hipotecas ao 100% esfumouse e a devaluación salarial e perda de poder adquisitivo -das que aínda non nos recuperamos- truncaron as posibilidades de aforro e de acceso á vivenda en propiedade para amplas capas sociais. O resultado: cada vez máis xente vive de alugueiro. Segundo os datos do INE, en 2011, un 17,7% da poboación vivía de alugueiro; en 2021, esa cifra subiu ao 23,4%. E a tendencia é maior nas xeracións máis novas: dun 23% de menores de 40 anos que vivían de alugueiro en 2011, pasamos ao 40% en 2021. E isto non sería problemático se non estivese atravesado pola inestabilidade e a incerteza á que o aboca o marco regulador tal e como o define a Lei de Arrendamentos Urbanos. Por iso, desde Más Madrid rexistramos unha proposición de lei no Congreso para instaurar o alugueiro indefinido.

Os contratos de alugueiro en España están limitados a un prazo de cinco anos (sete se o arrendador é unha persoa xurídica) e, a partir de aí, o propietario ten todo o dereito de expulsar ao inquilino, subir o prezo sen ningún límite ou impor novas condicións. Ese é o panorama ao que se enfrontan miles de mozos e familias para quen a vida acaba sendo iso que sucede entre mudanza e mudanza. E logo preguntámonos por que a mocidade non ten fillos, por que a saúde mental está en crise ou por que hai unha sensación xeneralizada de precariedade vital.

O alugueiro indefinido é o futuro. É unha medida pensada para dar estabilidade aos inquilinos e permitir que os seus proxectos de vida boten raíces sen verse ameazados pola longa sombra da especulación de fondos voitre e grandes rentistas. Ademais, traería vantaxes aos caseros, asegurando ingresos estables e reducindo a rotación de inquilinos, o que tamén diminuíría os períodos de vacancia e posibles impagos.

Non é un capricho nin unha ocorrencia radical. En moitos países europeos, vivir de alugueiro non supón soportar a espada de Damocles da incerteza. En Alemaña ou Austria, o alugueiro indefinido é a norma. En Suecia ou Dinamarca, a renovación de contratos está suxeita a estritas garantías fronte a posibles abusos.

Do mesmo xeito que no ámbito laboral o obxectivo de reducir a temporalidade (que a reforma laboral de 2021 situou en mínimos históricos do 12,7%) e, por tanto, a modalidade de contrato indefinido identifícase facilmente con estabilidade, dereitos e a posibilidade de que os traballadores constrúan un futuro, o contrato de alugueiro indefinido dá a seguridade de que o fogar non ten data de caducidade. É a diferenza entre vivir con incerteza e poder facer plans pensando no mañá, como ben expresa ese “Oxalá os meus nunca se muden” de Bad Bunny.

Detrás desta proposta hai, ademais, unha ollada cara a como queremos que sexan os nosos barrios, o noso entorno inmediato. Madrid non pode seguir permitindo que a vivenda se converta nun luxo e que os veciños e veciñas sexan expulsados ata converter o espazo urbano nun decorado.

O Congreso ten na súa man dar o primeiro paso para conseguilo, aprobando a proposición que rexistramos. É hora de poñerlle freo á especulación e dar paso a un modelo de vivenda que ofreza tranquilidade, dignidade e futuro. É hora de recoñecer, de maneira efectiva, o dereito a un fogar estable.

O 5 de abril saímos ás rúas.

O 5 de abril saímos ás rúas.

Ás inquilinas non nos saen as contas cos nosos soldos e os prezos dos alugueiros. Mentres tanto, os caseros non nos devolven as fianzas, ignoran as peticións de reparacións, impóñennos subas abusivas ou directamente non nos renovan os contratos de alugueiro. A vivenda en alugueiro converteuse nun nicho de mercado para fondos de investimento internacionais e pequenos investidores, e o turismo, a gentrificación e a especulación nas nosas cidades dinamitan o tecido social, expúlsannos dos nosos barrios e fánnos a vida imposible.

Todos estes cambios económicos deron lugar á chamada «xeración inquilina»: unha capa crecente da sociedade que nin puido acceder nin accederá a unha vivenda en propiedade que lle garanta o dereito á vivenda, un grupo cada vez máis numeroso que vive a diario as consecuencias de non ter control sobre a súa propia vivenda. Aínda que os datos en materia de vivenda sempre son escasos, podemos desmontar algúns dos mitos sobre quen formamos parte da xeración inquilina:

• A maioría da xente que vive de alugueiro non é nova: o 65 % ten máis de 35 anos.

• Ás máis novas (entre 16 e 29 anos) cústalles cada vez máis emanciparse, cunha taxa de emancipación do 15,9 % en 2023, a metade da media da Unión Europea (31,9 %).

A maioría da xente que vive de alugueiro non herdará: sete de cada dez inquilinas non esperan herdar no futuro.

Arredor do 70 % da poboación migrante vive de alugueiro, moitas veces en situacións precarias como subarrendos.

Xa somos miles de afiliadas en todo o Estado plantándolles cara a fondos voitre como Blackstone e a pequenos rendistas que se aproveitan da desigual relación de poder. Pero temos que ser moitas máis. Axúdanos a medrar e únete ao teu sindicato máis próximo!

O 5A saímos á rúa.

5A , Axuda a difundir

Un piso que hai cinco anos custaba 600€, agora vale 1.200€.

Que fixo o casero para merecer esa suba? Nada. Especulación pura. Cartos dos nosos petos.

Imos baixar os alugueiros. O 5A saímos manifestarnos, pero antes imos preparalo coas Cuadrillas Inquilinas. Ven, axúdanos!

Asemblea : Ven coñecernos

Vén coñecernos.Asemblea de Benvida
É o momento de desobedecer os prezos dos alugueiros
Ou te rindes ante o rentismo, ou te organizas contra el
🔥.


👉Vén dicir BASTA

Asemblea de benvida ao Sindicato de Inquilinas

+ Asesoría colectiva

Mércores, 26 de febreiro ás 19h

CS A Revolta (Rúa Real 12, Vigo)