Categoría: Asociacións

Pola folga dos Alugueiros

Desde o ano 2006, duplicouse a porcentaxe de mozos que viven de alugueiro. Acceder a unha vivenda en propiedade mediante o salario volveuse case imposible. A herdanza familiar converteuse na principal vía de acceso á propiedade, o que perpetúa a desigualdade interxeracional e de clase. Deste xeito, vaise erosionando o pacto social baseado na propiedade e consolídase unha sociedade cada vez máis estratificada.

Fondos como Blackstone ou Goldman Sachs exercen un enorme poder político, influíndo nas regulacións e nos gobernos para garantir a súa rendibilidade. Este tipo de “capitalismo político” non se basea na produtividade, senón no acceso privilexiado ás decisións estatais, ao gasto público e aos incentivos fiscais. As decisións locais en materia de vivenda teñen repercusións globais.

O capitalismo rendista presenta diversas contradicións: unha separación crecente entre os prezos dos activos e a economía real; desigualdades extremas no acceso á vivenda; deslexitimación do modelo de sociedade de propietarios; e o xurdimento de novas formas de conflito social. Neste novo escenario, a folga de alugueiros emerxe como unha forma de loita de clases capaz de cuestionar o núcleo da acumulación rendista.

AS NOSAS DEMANDAS:

O Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Vigo – Tui – BM.

As nosas demandas:

  • Estabilidade do alugueiro

Débese estender a duración dos contratos de alugueiro: 12 e 6 anos para as vivendas de grandes e pequenos propietarios, respectivamente.

Os contratos deben renovarse automaticamente se non existe necesidade de uso da vivenda pola propiedade ou familiar de primeiro grao (xustificando previamente e tendo que avisar con 6 meses de antelación).

A inquilina ou o inquilino e as administracións públicas terán dereito preferente de compra en caso de necesidade de venda a un prezo que será a propia administración quen o fixe.

  • Regulación dos prezos

Ten que crearse un índice de prezos do alugueiro no que se fixe o prezo máximo por metro cadrado para o alugueiro en cada municipio, tendo en conta os niveis de renda. Este índice será de aplicación obrigatoria e con penalización á propiedade que non o cumpra.

Aceptaranse subidas inter-anuais en base ao IPC, porén terase en conta o salario das inquilinas: aplicándose soamente se hai tamén subidas salariais que permitan asumilo.

  • Fin dos desafiuzamentos

Ten que ser obrigatorio para as administracións públicas reacoller ás persoas desafiuzadas pola imposibilidade de pagamento do alugueiro, como se contempla na Lei 24/2015 (art. 5.6), que é necesario estender ao conxunto do Estado. Os grandes propietarios e posuidores, ademais, terán que ofrecer un alugueiro social ás inquilinas e inquilinos antes de iniciar calquera procedemento de lanzamento.

Nesta liña, é necesario derrogar de contado o procedemento de «desafiuzamento exprés» establecido pola última reforma da LAC (Lei de Axuizamento Civil).

  • Mobilización das vivendas baleiras

No sindicato de inquilinas consideramos que unha vivenda baleira é aquela á que non se lle deu uso en seis meses sen causa xustificada. Por iso, esiximos a mobilización forzosa das vivendas e solares baleiros de grandes propietarios (que son aqueles que teñen cinco ou máis vivendas) a través da «confiscación xustificada» ou expropiación sen compensación para poñela en uso baixo réxime público.

No caso dos pequenos propietarios, vemos necesario establecer penalizacións a través do aumento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ou outras cargas impositivas creadas ad hoc, e que estas subidas estean suxeitas á localización da vivenda e o nivel de demanda que nela déase. Ademais, e só no caso dos pequenos propietarios, contemplamos a aplicación de bonificacións se se pon en uso a vivenda durante o primeiro ano.

  • Aumento do parque de vivenda pública en réxime de alugueiro

É urxente aumentar o parque público de vivenda en alugueiro a través da mobilización da vivenda xa construída antes de promover novas construcións. Por exemplo, mediante a expropiación da vivenda baleira dos bancos que foron rescatados co diñeiro público (SAREB).

Débese promover o réxime público de alugueiro sobre a compra de vivenda e a iniciativa privada para que este pase a ser o modo de habitabilidade máis estendido entre a poboación e non só o de fogares en risco de exclusión social.

O prezo do alugueiro do parque de vivenda público sempre será inferior ao establecido no libre mercado e atenderá a situación particular da arrendataria ou o arrendatario: ingresos salariais do fogar, casos de violencia machista, familias monoparentais ou monomarentais, número de habitantes do fogar, dependencia, etcétera.

Ten que establecerse un control rigoroso sobre a construción de novas promocións de vivenda e vixiarase cal é a necesidade social que abranguen ou cobren devanditas promocións. En todo caso, o 50% das novas promocións teñen que estar suxeitas ao réxime público e estar tamén suxeitos a usos de utilidade social (vivendas públicas, zonas verdes, instalacións e servizos públicos…). Ademais, a vivenda pública en réxime de alugueiro debe estar distribuída por todas as zonas da provincia de Pontevedra próximas a Vigo, Redondela, O Porriño, Tui, Baixo Miño… e por todos as parroquias e vilas da provincia de Pontevedra para evitar a aparición de áreas particularmente desfavorecidas.

Por suposto, ten que quedar prohibida a venda de vivenda pública e será recuperada a que se vendeu.

Ademais, deberá garantirse que haxa vivendas públicas accesibles ou alcanzables para persoas con diversidade funcional e daranse axudas á adecuación daquelas vivendas privadas cando sexa necesario.

  • Eliminación do réxime especial tributario das SOCIMI

Eliminación do réxime especial tributario das SOCIMI (Sociedades anónimas Cotizadas de Investimento no Mercado Inmobiliario), que actualmente tributan ao 0% no imposto de sociedades.

Para camiñar cara á desaparición destas entidades, débese prohibir a compra de vivenda por parte de fondos voitre e entidades bancarias e financeiras.

  • Gastos derivados do alugueiro e fin dos abusos dos intermediarios

Ten que poñerse fin aos abusos dos intermediarios. O arrendador debe asumir a totalidade de honorarios polos servizos prestados por parte dos Axentes da Propiedade Inmobiliaria (APIs) ou administradores de solares e leiras.

Só poderase esixir o pagamento dunha fianza de valor non superior a unha mensualidade de renda, quedando excluído o uso de calquera outra garantía adicional á fianza (avais, depósitos…). A fianza deberá ser obrigatoriamente depositada na administración rexional ou ente público designado ata a extinción do contrato.

Ten que ser obrigatoria a contratación por parte do arrendador dun seguro de continente e responsabilidade civil para cubrir calquera indemnización ou reparación derivada daqueles sinistros producidos de accidentes por parte do arrendador, arrendatario ou familiares e amigos que poidan estar na vivenda obxecto do arrendatario.

  • Erradicación da pobreza enerxética

Débese garantir as subministracións básicas (luz, gas e auga) e poñer fin aos cortes por falta de pagamento.

  • Limitación das vivendas de uso turístico

Para poñer coto á extracción de vivendas ás que as inquilinas poden acceder para dedicalas ao turismo, soamente poderá darse un uso vacacional á vivenda habitual (enteira ou por habitacións) e durante un máximo de 60 días ao ano.

  • Loita polo dereito á vivenda

Ante as actuais situacións de vulneración do dereito á vivenda, e á espera dos cambios lexislativos e as políticas públicas que endereiten a situación, apoiamos e consideramos como lexítimas aquelas resistencias inmediatas practicadas polos e as arrendatarias, incluíndo a permanencia na vivenda «en precario» cando o propietario rexeitase a renovación do contrato, así como a ocupación de vivenda baleira de grandes propietarios.

DIA da CONSTITUCIÓN e DEREITO A VIVENDA

Soamente en Vigo tivemos 237 desafiuzamentos nos 10 meses deste ano, a pesar dos meses de folga dos xulgados. Vemos con preocupación o incremento nos desafiuzamentos por falta de pagamento de aluguer, as familias están cada vez máis empobrecidas, con mais a dificultade para chegar a fin mes e en non poucos casos tense que escoller entre comer, pagar a luz, a auga e quentarse ou pagar a vivenda.

Nestas circunstancias està Elisabeth e os seus fillos, sen solución por parte das Administracións e con data para abandonar as súas vivenda o 10 de Decembro.

En Ferrol se desahucia a unha veciña de Caranza por falta de pagamento do aluguer da vivenda Silvia Teixeira que ten dous fillos, un deles menor de idade, e carece de recursos.

Fai uns dias morreu en Madrid Alicia, ela saltou pola xanela cando a Comisión Xudicial chegou ao seu domicilio e non podemos como ciudadania consentir nin un desafiuzamento máis e sobre todo NIN UNHA MORTE MÄS.

Os desafiuzamentos son unha realidade cotiá,amparada na precariedade laboral ,o paro ,a ausencia de recursos , endebedamento crecente e a subida imparable do prezo do Aluguer Asistimos a unha forma de crecemento herdeira da xestión regresiva e autoritaria da crise .Encamíñannos cara a un Estado onde repartición social ,o Estado do Benestar é substituído por un raquítico e eneficaz Estado de Beneficiencia.

Que todo o mundo saiba que hai un ditame firme da Organización de Nacións Unidas onde se di que non se pode botar a ninguén con vulnerabilidade dunha vivenda sen que teña unha solución habitacional, estamos fartas de ver como se vulneran os nosos dereitos constitucionais e os dereitos humanos. E ante a proximidade do Dia da Constitución imos lembrar coas nosas compañeiras de DISTOPIA , RSPVigo e Os Ninguens que se está vulnerando o dereito efectivo a unha Vivenda digna como recoje o art 47 da nosa Constitución.

Por todo isto decidimos convocar unha movilización para visibilizar estas situacións que abocan a estas familias ao desarraigamento debido á politica @de la Xunta teimuda no Programa de Vivenda Baleiras que fracasou estrepitosamente e á pobreza, non queremos perder a máis persoas por culpa da avaricia duns poucos, neste caso o FONDO VOITRE DIVARIAN / CERBERUS quedouse xa con 11 vivendas do edificio onde Elisabeth reside cos seus 3 fillos menores, despois volverán alugar a prezos moi altos ou a vender xa que as compraron a prezo de ganga a BBVA

Farémola para para reclamar as vivendas que estan cedidas ao concello de sr Abel Caballero e recalificadas en maio de violencia de xénero a uso social que levan 6 anos baleiras segundo IGVS e que agora require información ao Concello de Vigo

Para recordar a Vulneración dos DDHH o seguir desafiuzando a familias sen alternativa Habitacional

Polo Dereito a arraigo

Polo Dereito A Vivenda

Nin Xente sen casa Nin casas sen Xente

As orixes da PAHVigoTui_BM

As orixes da PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo, Mos, Tui, Baixo Miño e Redondela) remóntanse a outubro de 2011,meses antes nacéra en TUI , cando unha crecente inxustiza estaba a producirse, non só en Galicia senón tamén no resto de España, debido ás execucións hipotecarias que estaban a deixar milleiros de familias sen fogar e nunha situación precaria xa que, non só quedaban sen a súa casa, senón que ademais apandaban na maioría dos casos cunha débeda económica imposible de afrontar; ao mesmo tempo, vían impotentes como os Servizos Sociais lles quitaban os seus fillos por non ter un fogar adecuado para mantelos, sendo os meniños as testemuñas do drama familiar.  A PAH nace coa finalidade de loitar contra esta inxustiza social axudando a aquelas familias que, por razóns alleas á súa vontade, se viron  nunha situación complicada que afecta a todos os niveis da súa vida: persoal, familiar, social, económico…

Os métodos de loita da PAH consisten na mediación cos bancos para tentar conseguir que as persoas afectadas non perdan a súa casa e, no caso de poxa, loitar porque lles concedan un alugueiro social; a presión exercida sobre os Concellos para pedirlles que se sitúen respecto da Iniciativa Lexislativa Popular para a dación en pagamento, a paralización dos desafiuzamentos e o alugueiro social, para que aproben mocións declarándose activos contra os desafiuzamentos e creen comisións mixtas para tratar o asunto; e finalmente as protestas perante os bancos para deixar patente, non só aos poderosos senón ao pobo, a importancia de traballar unidos para lograr virar a situación, a unión para tratar de cambiar as leis e facelas favorables ás familias afectadas.

Dende o inicio da crise, en 2007-2008, foron xa 400 mil as familias que sufriron unha execución hipotecaria; moitas delas lograron ficar na súa casa grazas á presión exercida polas diferentes PAH que actúan por todo o estado. Moitas outras tiveron que abandonar o seu fogar co peto baleiro e o corpo arrasado. A PAH somos todos, persoas afectadas e non afectadas que en calquera momento poden perder o seu traballo e pasar a selo. É por iso que reclamamos a unidade do pobo para repeler o ataque ao ben tanxible máis esencial do ser humano, o seu lar, o seu recuncho, o seu refuxio. Porque a PAH é feita polo pobo, desde o pobo e para o pobo. Porque temos loitado, loitamos e non pararemos de loitar ata que cesen os abusos bancarios que, coa connivencia institucional e gubernamental, están literalmente rompendo familias e abocándoas á exclusión social, cando non á morte. Porque todos xuntos vamos ser quen de acabar con este xenocidio financeiro perverso, inxusto e cruel. Que lembren a nosa premisa: ‘Se non nos deixan soñar, non os deixaremos durmir’.

Palabra da PAH

Introducción do libro da PAHVigoTui-BM 6 anos de Loita (Proxima aparición )

En Galicia con a LeyViviendaPAH e nosa Lei

O drama dos desafiuzamentos segue moi presente en España. A pesar da gradual redución das cifras globais desde o pico que se alcanzou en 2015, é unha realidade que se revolve descarnada nos barrios e periferias, onde as cifras dispáranse En 2016, o último ano completo contabilizado, rexistráronse máis de 60.000. Aumentan os desafiuzamentos: 189 cada día en España no primeiro trimestre do ano

A periferia madrileña, en concreto, foi branco de grandes privatizacións de vivenda pública protexida que, desde 2013, enriqueceron aos denominados “fondos voitre” e levado a unha situación de colapso a miles de familias que denuncian o abandono das institucións. Esta é unha mostra de persoas que loitan por unha vivenda digna,non podemos obviar que o contínuo incremento dos prezos dos alugueres incide de maneira directa e indirecta na extensión e persistencia do sinhogarismo en todas as súas formas

As subidas de prezos dos alugueres facilitadas por unha lexislación que desprotexe absolutamente ao inquilino xeran varios tipos de expulsións. En España é imposible ter un proxecto de vida estable como inquilino ou propietario pola desprotección xurídica e sobre todo pola crecente precariedade e aumento do prezo da Vivenda

Vivimos tempos difíciles, só necesitas poñerche as noticias para darche conta ,se que xa non eres vítima desta situación ; con todo, hai algo que move o mundo, e non é a economía, senón a implicación entre persoas para darse agarimo, apoio, axuda. É fácil, na PAH poñémolo en práctica cada día, con cada familia que ten un problema por conservar ou manter a súa vivenda. Este pequeno xesto é poderoso, xa que recupera a esencia do que somos, e isto é comunidade.

Durante moitos anos as familias estivemos coidándonos e loitando polos casos que viñan, pero chegou o momento de que TODAS loitemos polos casos de todas, polo noso futuro, polo dos nosos fillos/ as. A Lei que rexistramos no Congreso é de todas; nela van os nosos saberes para que todas esteamos protexidas polo dereito á vivenda. As nosas voces son pequenas, pero unidas son infinitas; todo, grazas á colaboración, que replica, resoa e amplifica o «Si Se Pode» vivir baixo un teito digno.

Fai falta moita valentía nos Concellos para parar os desafiuzamentos

  • Voces unidas, voces valentes dan o seu apoio e fan súa a Lei dicindo # EstaEsMiLey.
  • É a hora de implicarnos e ser parte deste incrible paso na historia da loita social polos dereitos humanos, pois hai vidas en xogo.
  • Non imos quedarnos sentadas mentres vemos que se produce un desafiuzamento cada 8 minutos. Non imos quedarnos sentadas mentres vemos como nos afogan coas subidas no prezo do aluguer
  • Non Imos quedarnos sentadas mentres hai 3’5 millóns de vivenda baleira e non se ampla o parque público de vivenda
  • Non imos quedarnos sentadas mentres seguen producíndose mortes por pobreza enerxética e non podemos pagar as facturas abusivas por unhas subministracións básicas
  • Non imos quedarnos sentadas vendo todo isto mentres os findos de investimento especulan coas nosas vidas e expúlsannos dos nosos fogares

Dóeche a cabeza pensando en que pasará cando termine o teu contrato de alugueiro?As débedas non che deixan durmir e están afectando relación coa túa familia? Has ter algún ataque de ansiedade porque estás en risco de desafiuzamento? Cando compras comida, decides en función do prezo ou das vitaminas?

Tanto física como mentalmente, necesitamos un Descanso Real Xa.

Non o que se compra con créditos e débedas, senón o que se garante con dereitos para todas coa Lei de Vivenda PAH e as súas 5 demandas de mínimos:

1- Dación en Pago Retroactiva

2- Alugueiro Accesíbel

3- Stop Desafiuzamentos

4- Vivenda Social

5- Subministros Básicos Garantidos

Únete na defensa do Dereito á Vivenda difundindo a Lei de Vivenda PAH!

A Lei Vivenda PAH quere garantir o Descanso Real Xa para todas as persoas que sofren a emerxencia residencial: familias endebedadas para sempre, persoas en alugueiro inestábel ou ocupacións en precario e afectadas por cortes de subministros.

 

O 3 DE MARZO LEVANTÁMONOS

A PAH e moitos MMSS estamos convencidos que xuntas SiSePuede