Categoría: Asociacións

Súmate a protesta PAHcífica

20130421-043237.jpg

O Partido Popular anunciou o pasado martes o peche do debate sobre a ILP Na máis absoluta soidade. Sen aceptar as emendas de ningún grupo político e, o que é máis preocupante para a democracia deste país, desoíndo unhas demandas que contan co apoio do 90% da población
La proposta de lei do PP desvirtúa por completo a ILP, non respecta o texto e volve ás súas medidas parciais, arbitrarias e insuficientes que exclúen á maioría groso da xente as persoas afectadas. Unhas medidas que xa se mostraron fracasadas. A súa proposta mostra un desprezo pola sentenza do TJUE, xa que non modifica o fondo do procedemento de execución hipotecaria, nin di nada dos centos de miles de procedementos xa realizados cunha lei ilegal que vulnera dereitos fundamentais. Condénanos e sacrifican de por vida ao non aceptar ningún tipo de retroactividade efectiva. O texto feito público a semana pasada ofrece unha posibilidade teórica: que as familias paguen o 65% da débeda en en cinco anos a partir da feita da poxa. Algo que, os que coñecemos o problema de preto, sabemos que é inviable para o 99% das familias afectadas. Impide tamén que a inmensa maioría das persoas afectadas se acollan á paralización dos desafiuzamentos de vivendas habituais e non considera ningunha medida significativa de impulso do aluguer social

. Seguiremos parando desafiuzamentos, actuaremos para forzar negociacións cos bancos e lograr dacións en pagamento, recuperaremos vivendas baleiras en mans das entidades financieras.

ESCRACHE en Vigo ,SI PÓDESE!!

O ANUNCIO DO ESCRACHE ANTE O BANCO CONSIGUE QUE O POPULAR ACEPTE NEGOCIAR TODOS OS CASOS.

A nova chegaba a última hora deste mércores, cando o Banco Popular chamou á PAH de Vigo-Tui para comunicarlle que cedía á presión e aceptaba negociar todos e cada un dos casos que eles teñen. Así, coa presión cidadá que masivamente manifestara a súa presenza no escrache do venres, a cidadanía cantaba unha nova vitoria ante o abuso das hipotecas.
A PAH, que confirma a alegría das familias afectadas, cambia así o seu obxectivo, que pasa a ser outro banco reticente e pouco colaborador ata o de agora: o Santander, tamén no cruce dos catro bancos de Colón. Preténdese así que a presión volva dar efecto e as familias afectadas dese banco tamén poidan respirar aliviadas.

A PAH convoca así a acudir ao escrache fronte a Santander, mantendo a hora inicial (11hs) e cambiando o punto de encontro á porta do propio Santander.

20130417-232730.jpg

ESCRACHE EN VIGO

20130414-005955.jpg

    • viernes 19          11:00 am

  • Banco Popular Vigo policarpo sanz
  • Primeiro pola súa actitude ante as negociacións que varios afectados pertencentes á PAH VigoTui suscitan a esta entidade. Cambiando a cada momento o interlocutor ..negandose a recibirnos …Segundo Porque a BANCA que recibiron todo tipo de axudas , miles e miles de millóns ,mentres se empobrece a unha gran parte da poboación

    Terceiro Porque a Banca é responsable directo desta crise e NON os «cidadáns Hipotecados» Que se lle induciu,presionou coacionó e fíxose todo o posible para que só accedésese á Vivenda a través do credito.

    Os ciudadadnos son victimas dunha estafa e prisoneros dun entramado lexislativo que permite a existencia por exemplo de dous valores dunha casa o que che din que vale cando o compras e polo que o poñen a poxa ..pero ademas somos victimas dun contrato Hipotecario cheo de cláusulas avusivas e ilegal como a declarado o Tribunal de Xustiza Europeo …

    Escrache á #bancacriminal  e seguiremos …

Asamblea da PAH VigoTui

Cunha numerosa asistencia celebrouse a Asemblea da PAH na Parroquia do Cristo de la Victoria en Coia (Vigo) Nos reafirmarnos na idea de só xuntos podemos vencer á Banca.Que si se pode.
Estreamos unhas preciosas camisetas da PAH. E planificamos as próximas accións e os casos máis prioritarios.

O Venres 19 quedamos en «visitar» as oficinas de BCO Pastor en Vigo pola súa actitude evasiva ante os números casos que dependen deste banco.La Banca é responsable desta estafa e está a ditar ao Goberno do PP a súa política contra a ILP farémoslle un «escrache»,para «informalos das consecuencias dramáticas que teñen a súa actitude contraria a solucionar os problemas de vivenda da xente.

A concentración será o19 Venres as 11 am  nas  oficinas do BCO Popular en Policarpo Sanz Vigo.Unha magnífica asamblea

                                        SiSePode

20130408-002353.jpg

Asamblea da PAH Vigo Tui

Sábado 6 as 17:30

O próximo sábado día 6 de abril ás 5.30 da tarde celebraremos a asemblea da PAH VIGO na Parroquia do Cristo de La Victoria de Vigo que está na Rúa Baiona,9.

Esperámosvos a todos/ás, afectados, colaboradores e calquera que estea interesado en asistir será ben recibido.

20130402-015440.jpg