Categoría: Novas

Da loita dos ecuatorianos contra a banca á necesidade dun sindicalismo de vivenda popular

por A Telmo

Antes de que a PAH se fixese coñecida, houbo un precedente pouco lembrado: a loita de centos de familias ecuatorianas contra a banca en España. Chegaron nos anos 2000, fuxindo da crise e da dolarización no seu país, e moitas accederon a hipotecas durante a burbulla inmobiliaria. As condicións eran abusivas: intereses variables, cláusulas opacas e ausencia de dación en pago.

Cando chegou a crise de 2008, o desemprego deixou a moitas sen poder pagar. A resposta foi exemplar: protestas diante das sucursais, negociacións colectivas e viaxes a Quito para denunciar a complicidade das entidades españolas. Aquela experiencia, xunto coa doutras comunidades migrantes, sementou o terreo para o nacemento da PAH. Moitos dos primeiros desafiuzamentos parados contaron coa súa participación e coa súa capacidade organizativa.En resumo: a loita dos ecuatorianos en España contra a banca foi o xerme invisibilizado do que logo sería a PAH. Foi unha loita marcada pola solidariedade comunitaria, a presión directa ás entidades e a denuncia pública das leis hipotecarias españolas.

Hoxe, cando falamos de sindicalismo de vivenda de SindicatDasInqulinas debemos lembrar esa raíz: foi unha loita popular, sen filtros ideolóxicos previos, que uniu a quen sufría a mesma inxustiza. Ese é o camiño que debemos preservar: movementos amplos, enraizados na xente común, que non esquezan a banca e o capital como corazón do problema e que poñan a solidariedade e o apoio mutuo no centro da nosa forza colectiva.

A.Telmo

Estamos ás portas dunha nova crise inmobiliaria?

Medios como La Vanguardia xa alertan de que estamos preto das cifras récord de 2007, xusto antes do estoupido da burbulla. Se ben o sistema bancario hoxe é máis prudente que entón, o problema non está tanto na débeda, senón na desigualdade e na inaccesibilidade.

A situación é crítica:

• Os prezos de compra medran un 8%-10% anual.

• Os alugueiros subiron un 12%-20% en cidades como Vigo, A Coruña, Madrid ou Barcelona.

• Os salarios, en cambio, non medran nin un 4%, e a pobreza habitacional agrávase.

Sen unha aposta clara por vivenda pública e social, o que se está xerando é unha bomba de tempo social.

Desde o Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño queremos lanzar un aviso claro: estamos nunha nova fase de especulación salvaxe, e corremos o risco de entrar noutro ciclo de burbulla inmobiliaria como o que estoupou no ano 2008.

Non é exactamente o mesmo escenario, pero as dinámicas repítense: prezos que soben sen control, aumento desmedido das compravendas, concentración de vivenda en mans de inversores e fondos, e un mercado totalmente desconectado das necesidades reais da maioría social.

Que está pasando co mercado da vivenda?

Segundo datos recentes, as compravendas medraron máis dun 40% no último ano, e os prezos están a bater récords en moitas cidades. En urbes como Madrid, Málaga, Palma, Valencia ou mesmo Vigo, xa se superaron os niveis de prezos previos á crise de 2008.

Non estamos ante un ciclo económico máis. Estamos ante un modelo que transforma a vivenda nun produto financeiro e especulativo, lonxe da súa función social.

Quen pode mercar unha vivenda hoxe en día?

No período do boom (anos 2000-2007), moitas familias traballadoras ou mozos con empregos precarios tiñan acceso a hipotecas. Os bancos prestaban ata o 110% do valor do piso.

Hoxe a realidade é ben distinta:

• A maioría das compras fanse sen hipoteca, o que indica que quen merca é xente con patrimonio ou grandes inversores.

• Nas cidades e zonas turísticas, os fondos buitre, socimis e grandes propietarios dominan o mercado.

• Os mozos, as persoas migrantes e a clase traballadora fican expulsadas da propiedade e atrapadas nun mercado de alugueiro cada vez máis caro e inestable.

É dicir: a vivenda en propiedade deixou de ser unha opción para a maioría social.

Hai que dicilo con claridade: o modelo actual non é un fracaso, é un roubo planificado.

• Mentres a xente común non pode pagar un piso nin cun soldo digno, nas urbanizacións da costa mediterránea e nas Illas viven máis dun millón de xubilados europeos, como residentes permanentes.

• Son inmigrantes tamén. Pero ricos. E a eles facilítaselles todo: papeis, acceso á sanidade pública, incluso o dereito a votar en eleccións locais.

• Mentres tanto, a poboación migrante pobre é criminalizada, excluída e marxinada.

Este modelo é clasista, racista e depredador. E responde aos intereses das elites financeiras, non ao ben común.

Que dicimos desde o Sindicato?

No Sindicato de Inquilinas Vigo-Tui-Baixo Miño temoso claro:

• É urxente intervir os prezos do alugueiro e frear os pisos turísticos e especulativos.

Hai que poñer en uso os milleiros de vivendas baleiras en mans de bancos e fondos.

Necesitamos un parque público de alugueiro social real e universal.

E sobre todo, hai que organizarse e loitar colectivamente. Porque se non nos defendemos xuntas, expúlsannos por separado.

Non se trata só de evitar outra crise como a do 2008. Trátase de crear outro modelo de cidade e de vida, onde a vivenda sexa un dereito, non un luxo nin un negocio.

Racismo estrutural e xenofobia criminal: sobre o que pasou en Torre Pacheco

OS NINGUENS

Desde o Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño queremos denunciar publicamente os episodios de violencia e acoso xenófobo ocorridos recentemente en Torre Pacheco (Murcia). Esta vez foi alí, pero podería ser en calquera outro lugar do Estado. Non son feitos illados, senón expresións dun racismo estrutural alentado por discursos políticos e mediáticos que levan anos sementando odio e medo contra a poboación migrante.

Os ataques non van só contra unha persoa ou unha familia concreta, senón contra toda unha comunidade. Os inmigrantes son sinalados, perseguidos e criminalizados polo mero feito de existir. Mentres tanto, os culpables da pobreza, da exclusión e da precariedade —os mesmos que especulan coa vivenda e rebaixan salarios— seguen ben protexidos detrás de muros, policías e leis a medida.

Porque non é a inmigración quen xera delincuencia. O que xera delincuencia é a marxinación, a falta de oportunidades, a precariedade imposta, a falta de dereitos. Conseguir unha vida digna esixe moitas condicións: un emprego decente, un salario decente, unha vivenda decente, uns papeis en regra e un barrio que te recoñeza como igual. Nada diso depende do inmigrante. E moitas veces, todo iso parece incompatible coa súa condición de persoa migrante neste Estado.

É un sistema desigual o que produce exclusión, non as persoas que foxen da fame, da guerra ou do cambio climático. A súa chegada non é un problema. O problema é como se lles recibe.

Mentres tanto, nas urbanizacións costeiras de Andalucía, Valencia, Murcia, Baleares ou Canarias, viven —de forma estable— máis dun millón de europeos xubilados: británicos, alemáns, holandeses… Son turistas residentes, inmigrantes tamén. Pero ninguén os ve como un problema. Ao contrario: celébrase a súa chegada, facilítase a súa regularización e mesmo se lles permite votar nas eleccións locais. Consumen recursos sanitarios e de infraestruturas públicos, moito máis caros que os que se ofrecen a traballadores migrantes precarios. Pero iso non se cuestiona.

Por iso, non é a inmigración o que está en debate. É o racismo de clase, o racismo institucional, o racismo político.

E se hai responsables con nome e apelidos son Vox e tamén o Partido Popular, que promoven discursos de odio, lexitiman a exclusión e criminalizan aos máis vulnerables. Son eles quen acenden o lume, e logo din que só viñeron apagar o incendio. Pero xa non nos enganan. A súa política é a do medo, a da exclusión, a do fascismo con corbata.

Desde o Sindicato de Inquilinas Vigo-Tui-Baixo Miño dicímolo alto e claro:

Todo o noso apoio ás persoas migrantes acosadas en Torre Pacheco.

Nin racismo, nin xenofobia: vivenda digna e dereitos para todas.

Se tocan a unha, respondemos todas.

Acude o martes dia 22 JULIO – 19H | PZA. DEL MIGRANTE AV. CASTELAO, VIGO

Tres anos de cadea por facer un piquete: As 6 da Suíza non están soas

En 2021, seis compañeiras participaron nun piquete informativo fronte ao restaurante “La Suiza” de Xixón, denunciando a vulneración de dereitos laborais que sufría unha traballadora. A acción fora convocada pola CNT-AIT de Xixón, en apoio a esta camareira que reclamaba salarios impagados, xornadas abusivas e o recoñecemento do seu contrato laboral. En vez de recibir xustiza, foi despedida e represaliada.

A resposta sindical foi a de sempre: solidariedade, visibilidade e loita pacífica. Un piquete é unha ferramenta lexítima da clase traballadora, recoñecida como parte do dereito á folga e á acción sindical. Mais neste caso, o Estado e a patronal puxéronse de acordo para lanzar unha mensaxe de medo: as seis activistas foron denunciadas por “coaccións” e “ameazas”, e agora a Audiencia Provincial d’Asturies pretende condenalas a tres anos de prisión.

A criminalización da protesta non é nova. Sabémolo ben desde os sindicatos de vivenda e inquilinato, onde tamén se nos acusa de “coaccións” por impedir desafiuzamentos ou reclamar o dereito a vivir con dignidade. Este ataque contra As 6 da Suíza é parte dunha ofensiva máis ampla contra quen se organiza, contra quen non cala, contra quen loita polos dereitos de todas.

Estamos ante unha inxustiza brutal: tres anos de cadea por exercer un dereito fundamental, mentres corruptos, evasores e maltratadores pasean impunes. Castígase a solidariedade e prémianse a explotación e a cobiza.

Desde o Sindicato de Inquilinas e de Vivenda Vigo-Tui queremos manifestar o noso apoio incondicional ás compañeiras. Non están soas. A súa loita tamén é a nosa.

Porque se tocan a unha, tócanas a todas.

#As6daSuiza

#LoitaNonÉDelito

8 de cada 10 licenzas son para pisos turísticos

Mentres centos de mozas e mozos galegos non poden independizarse e as familias loitan por atopar alugueres accesibles, o perfil do parque de vivenda en Galicia camiña perigosamente cara á especulación turística. A nivel estatal, xa case o 80 % das novas licenzas de aluguer de curta duración son para vivendas turísticas.

E en Galicia o problema acentúase. Segundo o Ministerio de Consumo, dos 14 960 anuncios de pisos turísticos detectados nas plataformas dixitais, 9 125 (un 60 %) operan sen licenza, polo que poderían ser ilegais  . Este fenómeno vai acompañado de subas de até o 70 % no prezo dos alugueres en decada, o que deixa só ao 16 % da mocidade galega con posibilidade de emanciparse ().

Vigo: epicentro da crise habitacional

Vigo concentra arredor do 40 % dos pisos turísticos de Galicia, con entre 1 700 e 2 200 vivendas en oferta segundo diversas fontes  . A cifra máis recente fala de 1 716 VUTs, cunha oferta de 57 000 prazas, superando xa á capacidade hoteleira da cidade  . Desde 2018, sumáronse máis de 2 000 VUTs en Vigo, mentres o BNG alerta dunha “emerxencia habitacional” impulsada pola “ultraespeculación”  .

O impacto é claro: a falta de vivendas en aluguer tradicional, a expulsión de mozas/os e familias do seu entorno, e un mercado dominado por moitas vivendas turísticas con gran capacidade para xerar lucro rápido, pero pouco comprometidas coa comunidade.

A vivenda non pode converterse nun produto de especulación sen control. Galicia e Vigo deben mobilizarse con urxencia: regular firmemente os pisos turísticos, recuperar espazos para aluguer social e garantir que o dereito á vivenda non siga seccionado pola lóxica do beneficio inmediato.