Categoría: Novas

O prezo dos alugueiros segue medrando

Dende que o pasado ano comezou a funcionar o Observatorio da Vivenda, as súas estatísticas permiten facer un seguimento da evolución dos prezos dos alugueiros, un indicador que ata ese momento non era público e sobre o que era difícil coñecer datos fiables. Os valores das fianzas depositadas no IGVS permiten coñecer con máis exactitude os prezos que se están fixando nos novos contratos, constatando o incremento sen freo que nos últimos anos está rexistrando o prezo da vivenda alugada en Galicia.

Os prrezos nas vilas de 20.000 a 50.000 habitantes están a subir a un ritmo semellante ao das cidades

Os últimos datos publicados, correspondentes aos tres primeiros meses deste ano, amosan que o encarecemento dos alugueiros continúa a darse en toda Galicia, tanto nas zonas urbanas como nos concellos máis pequenos. O importe medio sitúase xa nos 407,7 euros, un 12,4% máis que no ano 2015.

A suba é máis importante nas sete cidades, onde o prezo medio pasou de 387 a 449 euros, un encarecemento do 16%. Aínda que nas vilas entre 20 e 50.000 habitantes a suba foi semellante á media galega e inferior á rexistrada nas cidades, o gráfico amosa como dende o ano 2017 os prezos experimentaton un crecemento moi importante, dun 8% en só 15 meses, semellante ao das urbes.

Vigo e A Coruña seguen as ser os lugares con alugueiros máis elevados, seguidos de Pontevedra

Vigo e A Coruña seguen as ser os lugares con alugueiros máis elevados,cun importe medio de 483 euros e unha suba dende o ano 2015 do 17,5% e do 16,7% respectivamente. Por detrás, a terceira cidade máis cara para alugar é xa Pontevedra, cun prezo de 452 euros e unha suba do 25,2%. Santiago, con 436 euros, é a seguinte.

Por debaixo de 400 aparecen Ourense e Lugo, onde os prezos están a subir a un ritmo moi semellante ao de Vigo e A Coruña. A cidade con alugueiros máis baratos e, ademais, onde menos soben é Ferrol.

O distrito 15003, na Coruña (A Pescadaría) foi o que nos tres primeiros meses do ano presentou os prezos máis elevados, por riba dos 700 euros

O Observatorio da Vivenda ofrece tamén datos por distritos nas cidades. E, ao igual que vén sucedendo nas últimas actualizacións deste indicador, determinados barrios da Coruña e Vigo seguen a ser os máis caros para vivir, sobre todo na cidade herculina.

En concreto, o distrito 15003, na Coruña (que podemos identificar co barrio da Pescadaría) foi o que nos tres primeiros meses do ano presentou os prezos máis elevados, por riba dos 700 euros. Por detrás aparece o tamén coruñés 15004 (entre a praia de Riazor e Praza de Galicia), con 671 euros de media, e o 15001 (Cidade Vella), con 627 euros. O cuarto barrio máis caro atópase en Vigo, o distrito 36203 (O Castro e Gran Vía), tamén por riba dos 600 euros.

Praza.gal

175 Vivendas en Vigo para a SAREB :Comunicado prensa

175 Vivendas para a SAREB ;Unha oportunidade perdida

Fai tan só uns días, puidemos ler nun xornal local que a SAREB poderíase quedar coa titularidade de dous edificios de vivendas que saíron a poxa, e que podería facelo pola metade do valor da débeda, que é duns 44 millóns de euros. Trátase de 25 vivendas en Gran Vía e 150 vivendas en rúa Aragón. Dunha destas vivendas foi desafiuzada unha familia con fillos.

Como ocorre con todas as noticias relacionadas coa vivenda, o lector pasa páxina. Estamos bombardeados por noticias sobre a burbulla do aluguer, os desafiuzamentos, as hipotecas abusivas, a precariedade, os fondos voitre, o abuso do caseiros…

Pero para a PAH VIGO TUI BAIXOMIÑO isto non é máis que a constatación do deixamento das distintas administracións á hora de abordar o tema da vivenda.

Esta plataforma veu loitando, desde hai moitos anos, para que tanto Xunta como Concello de Vigo freen a onda de desafiuzamentos que, desde o inicio da crise, viñéronse sucedendo. Non están polo labor. Tamén cambian de páxina cando hai unha noticia deste tipo. Bo, en realidade, xa se trata alguén de filtralas.

Ao rexedor vigués interesáballe máis facer caixa cos pisos de Rosalía Castro, propiedade do Concello, que utilizalos como vivendas sociais. Pola súa banda, a Xunta non quixo negociar cos bancos a cesión das vivendas baleiras (nin negociar, nin lexislar) para vivendas sociais. Soamente plans de vivendas baleiras, que resultaron ser plans baleiros de contido.

Cando se van a decidir a frear a crise da vivenda? Porque ao que estamos a asistir é a unha verdadeira crise social e humanitaria. Desafiuzamentos e desterros. Esta sería unha magnífica ocasión. Non pagamos o rescate bancario? Pois a SAREB é nosa.

Cando van obrigar a que se cumpra o artigo 47 da Constitución que tanto defenden? Cando van obrigarse eles mesmos?

A resposta é, témolo claro, NUNCA.

Por un parque de aluguer de vivendas sociais. Por un control verdadeiro do prezo do aluguer. Por unha lei que prohiba a venda a fondos voitre. Non máis desafiuzamentos.

Isto é polo que seguimos loitando. É a esencia da PAH.

A POR UN ALUGUER ESTABLE ,ALCANZABLE e DIGNO

As Inquilinas soportamos aumentos dos prezos dos alugueres case un 40% en Vigo nos últimos catro anos e que os requisitos esixidos para poder alugar un piso están fóra do alcance da maioría da poboación. Xa non se pode ocultar que estamos ante unha nova burbulla na vivenda e do aumento dos desahucios de aluguer.

A Vivenda xa non está en mans de particulares que con gran esforzo invisten nunha vivenda extra e alúgana , isto é unha pequena minoria e que ademais soben os prezos do Aluguer impulsados ou por imitación do que fan os Grandes tenedores de Vivenda ou mayoritariamente os Fondos de Investimento que son os que realmente dictan os Prezos do mercado da Vivenda

Os propietarios e os Grandes tenedores de vivenda saben que en ausencia de política social ,eles dictan as normas e os prezos .

A característica fundamental da burbulla do aluguer é o acaparamiento da Vivendas polos F Voitre e o insostenible esforzo económico que tratan de facer as familias O noso país é líder europeo en axudas á donos de vivenda ou para compra da mesma pero é o líder europeo en desafiuzamentos.

Isto ten un nome: política clasista e neoliberal a favor da propiedade fronte á vivenda entendida como un dereito e non como un activo financeiro para a especulación

Picar a burbulla do Aluguer

Os desafiuzamentos disparáronse e actualmente están ao nivel dos peores anos da crise financeira: 165 desahucios por vía xudicial cada día, un cada 5 minutos. Mentres os fondos voitres acumulan vivendas a unha velocidade vertiginosa, sen precedentes na historia, o aluguer cómese máis ingresos que en calquera outro país da OCDE. E hai que engadir todos aqueles desafiuzamentos invisibles, que non están contabilizados, pero que supoñen a expulsión de moitas veciñas dos seus barrios e pobos por non quererlles renovar o contrato ou por pretender impoñerlles subidas imposibles de asumir para os inquilinos e inquilinas. Chegamos a un punto asfixiante da burbulla do aluguer e queremos pícala , por todos lados e dende todas as frontes.

Queremos picala e estamos determinadas a facelo. Malia que o novo decreto introduce medidas en cuestións de aluguer, estas son aínda insuficientes. Queremos deixar moi claro a toda a poboación os motivos polos cales non deixaremos de loitar ata desmercantilizar unha das necesidades e dereito básicas de todo ser humano: ter un teito digno onde vivir.

E así reivindicamos:

1 Picar a burbulla: esiximos medidas políticas e fiscais para adecuar os alugueres á renda dispoñible das persoas e familias

2 Alugueres asequibles: é urxente regular os prezos do aluguer tendo en conta o poder adquisitivo real da xente, é dicir, a

3 Alugueres estables: os contratos de aluguer non poden acabarse de forma injustificada e unilateralmente. Teñen que renovarse automáticamente a non ser que o propietario demostre que necesita a vivenda para o seu uso persoal ou dun familiar.

4 Ningún desafiuzamento sen alternativa habitacional: maior autonomía financeira dos Concellos (participar dos impostos directos do Estado) para xestionar o parque de vivendas das cidades.

5 Contrato de aluguer único xestionado por oficinas de Vivenda e Concellos: o fin dos abusos dos intermediarios: o negocio das inmobiliarias é un escándalo.

6 Xustiza fiscal: eliminación de todas as figuras a medida da elusión fiscal no Imposto de Sociedades (Socimis, patrimoniales, etc) e no IRPF (acudas físicas e comunidades de bens).

7 Expulsión dos fondos voitres: esiximos eliminar as Socimis, que gozan de grandes privilexios fiscais, e que o goberno deixa que especulen masivamente cos nosos fogares e que sexan a punta de lanza da burbulla.

8 Parque público de vivenda: Tense que converter en parque público de vivenda as vivendas acumuladas pola Banca e polos fondos voitres para garantir a súa función social, evitar a escaseza artificial de vivenda e frear a especulación. Gravar fiscalmente as vivendas urbanas baleiras e crear un imposto sobre as vendas de vivendas ?especulativas? que non sexan para primeira residencia.

9 Aumentar a vivenda social: por parte do Estado, a XUNTA e o Concello.